Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 30 Maio 2006

O MERLO E AS CEREIXAS

Posted by pepe penas o Maio 30, 2006

Lendo no Blog de Peke lembreime dos meus tempos de neno, do agarimo que lle tiña as cereixas, e do pouco que lle quería aos lambóns dos merlos; a verdade e que mal mal non lle quería, cando Candido de García atopaba algún niño e me dicia del eu botaba moito tempo ollando aqueles paxariños que somentes tiñan boca merlobusca.jpg e que abriana tanto que semellaba que lle cabia nela toda a comida do mundo. A miña teima aos merlos comezou por unha pequecha rivalidade: na casa dos meus avós había unha cerdeira grande que tiña unhas cereixas que daba o xenio velas, eran grandes, rubias coma tomates, e sabían moito millor ca comida que poñian a hora de xantar, chamanbanlle francesas; o conto e que eu subiame a cerdeira, gustabame coller as cereixas das polas mais altas; cando chegaba aló enriba, dabame a gana de collelo merlo polo pescozo e retorcerllo, as mellores, sempre sempre estaban a medio comer polo carallo do paxaro; todolos dias chegaba primeiro ca min; eu comezaba a subir a cerdeira, e él escapaba voando e berrando coma se me estivera facendo mofa; daquela eu era un neno e o xeito que tiña de escorrentalo era guindandolle pedras, nunca lle atinei; en canto se decataba de que marchara o inimigo, volvía e papaba nas cereixas coma se estivera adoecido coa fame. Marchei da aldea e coido que non volvin a saber mais do merlo. Pero vaite que o outro día estando na casa de miña sogra mirando a cor que tiñan as cereixas, ollei un merlo que se pousaba nunha arbore cerca, dali pasou a outra, voando moi baixo; eu seguin ollando as cereixas cavilando no ben que saberían; afasteime da cerdeira e de supeto vino outra vez, viña caladiño e voando baixo, puxose a beira dunhas maduriñas e comezou a picar nelas hasta que se fartou. Non sei será parente daquel que coñecia en Dorvisou, pero listo e larpeiro era o mesmiño ca él…Desta vez non lle guindei pedras, pero dixen para min:¡ ladróns aquí andan, collinos no allo ! ( 1) , quiteille un retrato, estiven cavilando se levalo a xuizo, pero xa que a cerdeira non e miña nono fixen…ocorreuseme poñerlle un pasquin para que saiba que o buscan … coido que se decatará, é un paxaro moi listo… os merlos que andan a beira da xente seica aprenden a ler de seguida..

(1)Esto lino nun verso de Valentin Lamas Carvajal

Posted in Lembranzas dun neno | 7 Comments »