Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O MERLO E AS CEREIXAS

Posted by pepe penas o Maio 30, 2006

Lendo no Blog de Peke lembreime dos meus tempos de neno, do agarimo que lle tiña as cereixas, e do pouco que lle quería aos lambóns dos merlos; a verdade e que mal mal non lle quería, cando Candido de García atopaba algún niño e me dicia del eu botaba moito tempo ollando aqueles paxariños que somentes tiñan boca merlobusca.jpg e que abriana tanto que semellaba que lle cabia nela toda a comida do mundo. A miña teima aos merlos comezou por unha pequecha rivalidade: na casa dos meus avós había unha cerdeira grande que tiña unhas cereixas que daba o xenio velas, eran grandes, rubias coma tomates, e sabían moito millor ca comida que poñian a hora de xantar, chamanbanlle francesas; o conto e que eu subiame a cerdeira, gustabame coller as cereixas das polas mais altas; cando chegaba aló enriba, dabame a gana de collelo merlo polo pescozo e retorcerllo, as mellores, sempre sempre estaban a medio comer polo carallo do paxaro; todolos dias chegaba primeiro ca min; eu comezaba a subir a cerdeira, e él escapaba voando e berrando coma se me estivera facendo mofa; daquela eu era un neno e o xeito que tiña de escorrentalo era guindandolle pedras, nunca lle atinei; en canto se decataba de que marchara o inimigo, volvía e papaba nas cereixas coma se estivera adoecido coa fame. Marchei da aldea e coido que non volvin a saber mais do merlo. Pero vaite que o outro día estando na casa de miña sogra mirando a cor que tiñan as cereixas, ollei un merlo que se pousaba nunha arbore cerca, dali pasou a outra, voando moi baixo; eu seguin ollando as cereixas cavilando no ben que saberían; afasteime da cerdeira e de supeto vino outra vez, viña caladiño e voando baixo, puxose a beira dunhas maduriñas e comezou a picar nelas hasta que se fartou. Non sei será parente daquel que coñecia en Dorvisou, pero listo e larpeiro era o mesmiño ca él…Desta vez non lle guindei pedras, pero dixen para min:¡ ladróns aquí andan, collinos no allo ! ( 1) , quiteille un retrato, estiven cavilando se levalo a xuizo, pero xa que a cerdeira non e miña nono fixen…ocorreuseme poñerlle un pasquin para que saiba que o buscan … coido que se decatará, é un paxaro moi listo… os merlos que andan a beira da xente seica aprenden a ler de seguida..

(1)Esto lino nun verso de Valentin Lamas Carvajal

7 Respostas to “O MERLO E AS CEREIXAS”

  1. acedre said

    A verdade e que os bechos tenhen que comer algo. Sempre sera millor que coman unhas poucas cereixas que ter que darlles cartos para que vaiav de restauran…

  2. náufrago said

    Houbo intres de gran felicidade cando eu era nenos e iamos á da señora Munda “apañar” unhas ameixas… Os nenos de hoxe non saben o que é iso… Pensan que toda a froita nace no Gadis.

  3. maray said

    tenho uma no quintal de casa. Uma sobrevivente, crescendo por entre o espaço pequeno dentre os telhados. Na época das cerejas o chão fica roxo. Eu também, do cansaço que dá lavar o quintal todo dia! Mas dá tanta cereja que eu e todos os pássaros da vizinhança ficamos saciados. Geléia de cereja é uma delícia!

  4. Paco Penas said

    Pecho os ollos e vexo un monton de merlos e moi poucas cerdeiras. Non podo entender como a xente pranta tan poucos frutais, debe ter algo de razón o náufrago, é máis comodo compralas no Gadis…
    Unha aperta Pepiño.

  5. Muralla said

    Ainda recordo unha cerdeira na casa da miña avoa…Nunca volvín a comer unhas cereixas tan grandes e tan boas…
    Gústanme os merlos…
    Bicos.

  6. Larvós said

    Eu tamén teño innumerábeis lembranzas asociadas ao roubo de froita. Era toda unha aventura. Máis dunha vez levei a dentallada dun can por mor das miñas internadas. Mira ti. Se me pasa agora, igual saio até no telexornal: “outro neno atacado por un can” etc. Daquela non che facían nin caso. Nin que os cans comezaran a trabar agora.

  7. peke said

    POis grazas aos CDs este ano o B puido papar unhas cantas. Funciona iso dos brillos.
    Moito rin coas túas aventuras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: