Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 26 Novembro 2006

XENTE QUE XA NONA HAI

Posted by pepe penas o Novembro 26, 2006

monicreques.jpg
Este verán atopei na calle da Oliva, Pontevedra, un home que estaba facendo o que sabía para gañar uns euros e poder seguir correndo polo mundo adiante; estivén un anaquiño mirando para él; ¡¡ de que xeito facía que aqueles monicreques se moveran coma se foran xente!!, xente pequeniña, pero abofé que semellaban ter vida. Boteille unhas moedas no canastro e pedinlle licenza para facerlle unha foto.

Vendo o moneco que tocaba o violin veume o sentido un velliño, coa cariña picada ,que rascando nas cordas facía sair unha musica que semellaba o queixido dun aparello que xa estaba canso de andar de feira en feira, de sitio en sitio, de xoves en xoves, e de crimen en crimen; a sua filla mais el cantaban unhas historias onde sempre estaba o sangue arredor. O rematar a cantiga vendian uns papeliños onde viña escrito o que ambos os dous remataban de contar: “En la provincia de Lujo…..
Lembreime daquela muller que poñía unhas serpes arredor do pescozo namentras dicía:”Vergüenza para robar o para matar, no para comprar este maravilloso ungüento”. Polo visto era unha pomada para sanalas picaduras de todos eses bichos que andaban a rente do chan.

Lembreime daquel outro home que adiviñaba o porvir; tiña unha cousa coma se fora unha xerra de vidro, acugulada ata a cima de auga, dentro tres monecos encarnados cuns cornos na cabeza.

Los trrress diablillos mágicos que suben y bajan a llenar el sobre, dicía aquel home.

os tres monecos subian e baixaban, tres o cuatro veces, polo medio da auga facendo o que o seu amo mandaba; cando remataban de nadar metía a man debaixo dun trapo e sacaba un papeliño onde dicía as cousas que che ian pasar; se o querias saber tiñas que pagarlle unhas pesetas. Habia outro que en vez de demos tiña paxariños, abria unha gaiola e saia unha cousiña que tiña pico, agarraba un papeliño, collialo, dabaslle unhas pesetas, e lias as cousas que ali poñia; a min gustabame mais ver os paxariños, coidaba que dicián cousas mellores cos demiños; os fillos do demo tiñan que ser malos coma seu pai….”de tal palo tal astilla”, era o que nos dicia a mestra na escola…

Posted in Lembranzas dun neno | 8 Comments »