Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 29 Novembro 2006

COUSAS DO CEREBRO

Posted by pepe penas o Novembro 29, 2006

cerebro.jpg
Nalgunhas ocasións o cerebro xoga con nos e fai que abrámola boca coma se estiveramos abraiados; case sempre atopa o xeito de que non quedemos con ela aberta moito tempo, e comezemos a abrila e cerrala para dicir o que tiñamos cavilado: Estiven a ler un libro da miña filla que se chama: “La búsqueda cientifica del alma”; nel cóntase como fai cando recibe algún estimulo, a miudo fainos ver ou facer cousas que non semellan estar moito o dereito….pero fainas.
O conto e que xa fai moito tempo que coñezo a dous irmáns xemelgos, e que me leve o demo se sei quen son cada quen, sempre lles digo ola pero xamais digo o nome; a verdade e que tampouco nono sei. Sabía que un deles andaba por fora da Terra e o outro estaba entre nos a cotio. Un día atopei a un deles e dixenlle todo cheo de razón:

¡Ola!. ¿ E ti quen es, ti ou teu irmań?

¿E ti que pensas?, dixome.

Vendo que eu quedaba calado, dixo rindo: eu son o que está fora. O seu cerebro amañou o que o meu preguntou dun xeito un chisco retorcido.
Outro día atopei co meu amigo Serafín, comezamos a falar e saiu o asunto do que nos pasa coa memoria; conteille o caso dos xemelgos e díxome que iso non era nada grave… a él tamén lle tiña pasado unha morea de veces. Esquecer o nome dalguén que coñeces e cousa de todolos días; seica pasa nas mellores familas e nas outras tamén. Dixome que tiña que comezar a ter preocupación cando tivera un caso coma o del. Polo visto un día ia pola rúa e veu pasar alguen que coñecía, quería chamarlo polo nome, pero non lle saia; tivo que asubiarlle para que o outro soubera que o chamaban.

Oes iso non e tan grave, e o que me pasa a mín; dixen todo cheo de razón.

Mira Pepiño, ¡vai para o carallo!; mais grave xa non pode ser….era meu cuñado…erache o home da miña irmań…..

Posted in Babecadas | 6 Comments »