Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

CULTURA XERAL

Posted by pepe penas o Decembro 30, 2006

cultura.jpg
Non sei se alguén de vos ten un amigo deses que saben unha morea de cousas e sempre están dipostos a contalas; fai uns dias pilloume unha desas enciclopedias con pernas e dixome que ia facerme unhas preguntas para ver se estaba preparado para ir aos concursos que hai na TVE.
Comezou preguntandome se por casualidade coñecía o nome do santo mais pequerrecho; puxenme a cavilar cal serìa , pero non me veu nada o sentido; en canto se decatou que nono sabia, achegouse a min e dixome na orella:
San Tito…amiguiño…..San Tito.
Abrín os ollos coma pratos…e a boca tamén….¡que razón tiña o galopin!.¡non podía ser outro!. Deixou as preguntas de relixión e saiu con algo que semellaba unha mestura de deportes e bioloxía:
¿Cal o peixe que sempre chega o derradeiro?.
Tantos peixes hai que comecei a velos todos xuntos e non fun quen de dicirllo. Vendo a anguria coa que o miraba pedindolle axuda, dixome moi serio:
O delfin.. compañeiro…O delfin.
Outra vez tiña razón o condanado…mira que son parvo…¡non habia outro que puidera selo!.
Debía ter desexos de deixarme quedar mal, porque que me fixo unha pregunta moi estraña:
¿Coñeces que santo e o patrón dos toureiros?
De seguro que puxen cara de non estudiar a lección porque me dixo de seguida:
San-Atorio de Toureiros…Pepiño….San-Atorio de Toureiros
Vendo que eu coxeaba un chisco de relixión e bioloxia, ocorrouselle preguntar algo de moda:
¿Cal o peixe que leva caravata?
Mira compañeiro, a moda non é do que mais coñezo; dixen con cara de non saber nada
El Pez-cuezo..Pepe….El Pez-cuezo…non te vexo na TV, meu irmán, díxome cun sorriso.
Quixo darme a derradeira oportunidade, e desta vez ocorreuselle preguntarme quen era o patrón dos barqueiros.
Dixenlle que me suspendera e que xa non me fixera mais preguntas; a miña cabeza xa non rexia ben
San Remo…lacazán…..San Remo, dixo escarallándose coa risa
Deixou de facerme preguntas, pero dixo que tiña que collela enciclopedía e aprender algo mais de cultura xeral….

12 Respostas to “CULTURA XERAL”

  1. mad said

    Eres la bomba…
    Voy a cambiar la dirección antes de que pasen los días y…
    Mais beixos

  2. paideleo said

    Eu sei cal é o “pez” máis bonito: o pez-ón.

    Que teñas un bo 2007 e non cambies de páxina tan a miudo.

  3. Paco Penas said

    ¿E o peixe que saca os monos das cova?…o salmonete🙂
    Bueno Pepiño, esperemos que para o 2007 estudies un pouquiño máis, tempo non che vai faltar.
    Unha aperta tan longa como esas pistas das parcelarias que van a facer desde Dorvisou ata Xordedo.

  4. maray said

    essa tua enciclopédia com pernas não teria uns 3 ou 4 anos? quando meus filhos eram pequenos, a diversão preferida deles era me “pegar” com essas perguntas…
    Um ótimo ano novo pra você e os teus, Pepe. Unha aperta!

  5. náufrago said

    E se a cultura xeral ademais é divertida, mellor que mellor.

  6. Unha aperta de Ano Novo.😉

  7. Feliz aninovo!. Non te preocupes por non ter unha culturiña de Nuevo Vale, Superpop ou Os Morancos como o teu amigo.

  8. thirthe said

    ah, pois eu tamén lin nesa enciclopedia de tercer grado. que concentradiño viña todo, pero non lembro esas preguntas;-)))

    feliz ano 2007!

  9. O Raposo said

    E o paxaro que máis sabe de relixión? O Ave María.
    Manda carallo. Bo ano.

  10. rifenha said

    Havia um outro livro de leituras, não me lembro o nome.
    Quando cheguei` á escola da Toxa, em Vimianço, o primeiro dia, abri o livro e apareceu umha ilustração dum homen primitivo a fazer lume cuns paus.
    Perguntei-lhe a umha rapaza grande que sentava comigo que era aquelo e diz-me:
    A mona.
    Como se chamava aquele livro? Quem me dera volver a ver a-lo!

  11. rifenha said

    Havia um outro livro de leituras, não me lembro o nome.
    Quando cheguei` á escola da Toxa, em Vimianço, o primeiro dia, abri o livro e apareceu umha ilustração dum homen primitivo a fazer lume cuns paus.
    Perguntei-lhe a umha rapaza grande que sentava comigo que era aquelo e diz-me:
    A mona.
    Como se chamava aquele livro? Quem me dera volver a o ver!

  12. rifenha said

    Vaia! Agora saem dous!
    Desculpas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: