Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Xaneiro 2007

O PINTOR DE DORVISOU

Posted by pepe penas o Xaneiro 14, 2007

m_lorenzo.jpg
MANUEL LORENZO
Veciño de Insua (Carbia). Por vocación se dedicó a las Bellas Artes
Deste xeito comeza unha nota publicada en CARBIA -Revista editada pola Sociedade UNION RESIDENTES DEL AYUNTAMIENTO DE CARBIA EN BUENOS AIRES- era o mes de xullo do ano 1942. Hai outra nota que fala do falecemento da sua dona Carmen Sueiro de Lorenzo o 17 de xaneiro de1942.
Manuelpintor_3.jpg Lorenzo Brocos, nado en Dorvisou, emigrou a Cuba despois de quedar orfo os catorce anos; estivo residindo na Habana, andou moito polo Centro Galego onde quizais haxa algunha mostra da sua pintura; no Barrio do Vedado, Habana antiga, hai unha igrexa coñecida co nome de Igrexa das Mercedes, polo visto conserva uns murais pintados por él.
O cura de Larazo, Dn. Ramón Dieguez, tio do meu bon amigo e paisano Armindo Iglesias, levouno a pintar na Igrexa de Arnego e maila de Cedelle, Larazo. Segundo amigo Paco Penas, nado tamén en Dorvisou, quizais en Merza, Vila de Cruces, haxa algunha mostra do seu talento na casa da famila Santaló. Os seus descendentes teñen un bon arquivo fotografico e tamén algunha mostra da súa arte. En Madrid tamén podería haber algunha mostra da súa obra.
Segundo amigo Armindo, todolos dias de Aninovo, sentianse bombas en Dorvisou que estoupaban por enriba da casa do Pintor. Nos anos da guerra os veciños ian a súa casa para escoitala radio. Moitas veces, cando Manuel estaba pintando, os nenos saían da escola e achegabanse a él con curiosidade, él pintaballe a caricatura e os rapaces sorrian o recoñecer a súas caras.
Dicían del que era un artista, foi un gran impulsor do Carnaval, polo visto unha vez meteu o Antroido nun carro e puxo vinte xogadas de vacas a tirar por él. pepecarmen.jpgSendo moi pequerrecho, lembrome dunha carnavalada que argallaron a beira da escola…coido que a estou vendo, había xente que andaba cun paraguas sin pano, somentes tiñan baleas, e levaban na punta, carozos de espigas de millo sen gran; na mentras nun escenario que ali montaran, un home, cun camisón de durmir daba berros e brincos nunha cama…a xente esmingoallabase coa risa.
Ata fai un ano non souben ben que era Manuel Lorenzo; sabía por oirlle o meu pai que lle chamaban O Pintor, coido que pola maña que tiña. Na escola de Dorvisou, onde me ensinaron a “hablar el castellano”, ainda quedan, namentras non caia todo,restos da sua obra; hai pintados todo arredor, por dentro, os persoaxes que os nenos estudiabamos na enciclopedia. Teño unha foto coa miña curmán Carme de Xosdedo, dende moi pequerrecho souben que a fixera O Pintor; quizais moitas casas de Dorvisou teñan fotos das que él fixo. Que cousa boa sería non deixar caer escola, e arranxala para que siga en pé lembrando a un fillo que, cando estivo fora da sua terriña, tivo un agarimo para os nenos da súa aldea, e chegou a pagar un mestre que lles ensinara as primeiras letras….Iso e ter agarimo a terra na que descansa para sempre.


P.D. Teño que darlle as grazas os meus bos amigos e paisanos Armindo Iglesias e Paco Penas; sen a súa axuda non podería escribir este post que tenta ser unha pequena homenaxe a Manuel .


pintor_1.jpg

Posted in Dorvisou na Historia | 2 Comments »

EU NON SON DOLLY

Posted by pepe penas o Xaneiro 9, 2007

Dolly.jpg
Ola, o meu nome e Ovella; puiden ter outro mais bonito coma: Jessica, Dorothy, Pamela ou Evelyn, pero os meus amos non sairon nada modernos e non me quixeron bautizar coma se fose unha estranxeira… eran tan enxebres, tan enxebres que nin os nomes daqui lle servían; puiden ser Linda, Blanca, Paloma…Perica…pero non, non …tiña que ser Ovella…Ovella servía para todolos sitios; en todo o mundo as ovellas chamanse ovellas e non andan con caralladas. Polo visto unha filla dos meus amos andaba a voltas con Dolly; eles non quixeron facer semellante pecado, meu pai era un carneiro dun veciño e o pai de Dolly non se sabia quen era… disque foi feita dunha celula doutra ovella. Esa que vedes onda min, non me toca nada na familia; ainda que tamén é dos meus amos. Cando era pequena xa dicían dela: E igualiña ca unha cabra.. a pobre está coma unha cabra… e velai, medrou … medrou e chegou a ser cabra; se fora a escola dos rapaces de seguro que a mestra lle dicía, se se comportaba do mesmo xeito cos rillotes: la cabra tira al monte; mala…mala.. era mala…mala coma un can; sempre que me atopaba, non había dia que non fixera mofa de min; andaba sempre: BEEE,BEEEEEE,BEEEEEE..

Posted in Babecadas | 5 Comments »

O CINE DAS CRUCES

Posted by pepe penas o Xaneiro 2, 2007

avolarjoven.jpg
Cine Mary, era o nome co que se coñecía o que houbo en Vila de Cruces; estaba na rúa que pasaba polo medio da Casa de Castro e o café de Carballal, a Rúa do Cine; non sei en que ano comezou a funcionar; somentes teño coñecemento que dende o ano 1956 ata o ano 1962 tivo vida, teño carteis de man nos que se anunciaban as peliculas que ian poñer. Os dias de feira, o 4 e mailo 17 de cada mes, domingos e dias santos as Cruces semellabase a aqueles pobos do Oeste Americano que se enchian de vaqueiros e buscadores de ouro; despois dunha semán de traballo duro ian a tomar unhas copas e botar unhas bailas. As Cruces tamén ia a xente dos arredores a divertirse; eles non pasaban os dias buscando ouro, pero pasabano arrincándolle a terra cousas que valían cartos; coma aqueles cowboys tamén podían tomar unhas copas e botar unhas bailas, de cando en vez quitaban as sillas do cine e deixabano feito unha sala para bailar. Daquela había pouca xente con coche, algúns mais con moto, e uns poucos mais con bicicleta; a maioria tiñan que coller o coche de José Benito; tamén había alguén que ia no coche de San Fernando, unha miga a pé e otra miga andando.
Os dias de feira a xente ia as Cruces pola mañán, vendían os ranchos, os cuxos, as galiñas, ou o que tiveran para facer alguns cartos e poder mercar outras cousas que lle facían falta; non deixaban de comer o polbo na casa do Rouco e botar un café na de Suso ou na de Carballal; moita desa xente marchaba para a súa casa, pero mais tarde viñan os mozos e mozas que paseaban pola carretera que viña de Lalin e saia para a Ponte de San Xusto, facía de calle Principal coma no Far West; moitos deles xa traían parella e os que non tentaban de atopala achegándose a algunha rapaza das que lle tiñan o ollo botado. De supeto sentiase un pasodoble, coido que que era Suspiros de España, que soaba con tanta forza coma os que botaban as orquestas polas festas da Piedade; a xente que estaba a pasear daba media volta, coma se estiveran obedecendo a orden dun cabo primeiro deses que che mandaban facer a instrucción no servicio.
Toca o cine….toca o cine, dicía alguén
Tocaba o cine, claro que tocaba….os que viñeran a ver a pelicula non perdía mais tempo a pasear, e coma se fora un desfile militar case marcaban o paso para pode entrar axiña e pillar un bo sitio..

P.D.Se queres ver as peliculas pica na Carteleira do Cine Mary

Posted in Lembranzas dun neno | 9 Comments »

¿…?

Posted by pepe penas o Xaneiro 1, 2007

google2c4f31fc64dfa8ec.html

Posted in Webs | Leave a Comment »