Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O CINE DAS CRUCES

Posted by pepe penas o Xaneiro 2, 2007

avolarjoven.jpg
Cine Mary, era o nome co que se coñecía o que houbo en Vila de Cruces; estaba na rúa que pasaba polo medio da Casa de Castro e o café de Carballal, a Rúa do Cine; non sei en que ano comezou a funcionar; somentes teño coñecemento que dende o ano 1956 ata o ano 1962 tivo vida, teño carteis de man nos que se anunciaban as peliculas que ian poñer. Os dias de feira, o 4 e mailo 17 de cada mes, domingos e dias santos as Cruces semellabase a aqueles pobos do Oeste Americano que se enchian de vaqueiros e buscadores de ouro; despois dunha semán de traballo duro ian a tomar unhas copas e botar unhas bailas. As Cruces tamén ia a xente dos arredores a divertirse; eles non pasaban os dias buscando ouro, pero pasabano arrincándolle a terra cousas que valían cartos; coma aqueles cowboys tamén podían tomar unhas copas e botar unhas bailas, de cando en vez quitaban as sillas do cine e deixabano feito unha sala para bailar. Daquela había pouca xente con coche, algúns mais con moto, e uns poucos mais con bicicleta; a maioria tiñan que coller o coche de José Benito; tamén había alguén que ia no coche de San Fernando, unha miga a pé e otra miga andando.
Os dias de feira a xente ia as Cruces pola mañán, vendían os ranchos, os cuxos, as galiñas, ou o que tiveran para facer alguns cartos e poder mercar outras cousas que lle facían falta; non deixaban de comer o polbo na casa do Rouco e botar un café na de Suso ou na de Carballal; moita desa xente marchaba para a súa casa, pero mais tarde viñan os mozos e mozas que paseaban pola carretera que viña de Lalin e saia para a Ponte de San Xusto, facía de calle Principal coma no Far West; moitos deles xa traían parella e os que non tentaban de atopala achegándose a algunha rapaza das que lle tiñan o ollo botado. De supeto sentiase un pasodoble, coido que que era Suspiros de España, que soaba con tanta forza coma os que botaban as orquestas polas festas da Piedade; a xente que estaba a pasear daba media volta, coma se estiveran obedecendo a orden dun cabo primeiro deses que che mandaban facer a instrucción no servicio.
Toca o cine….toca o cine, dicía alguén
Tocaba o cine, claro que tocaba….os que viñeran a ver a pelicula non perdía mais tempo a pasear, e coma se fora un desfile militar case marcaban o paso para pode entrar axiña e pillar un bo sitio..

P.D.Se queres ver as peliculas pica na Carteleira do Cine Mary

9 Respostas to “O CINE DAS CRUCES”

  1. Manuel Molares do Val said

    Moitas gracias, Pepe, polo mensaxe. O téu blog e unha ledicia. Volta a miña infancia con él.

    Bon ano e unha aperta.

    Manuel Molares do Val

  2. náufrago said

    Eu pasei a infancia no Cine Roxy, que estaba ao carón da casa. Os sábados e domingos sesión infantil, durante a semana, sesión continua. A marabilla. O teu post fíxome lembrar todo iso.

  3. paideleo said

    Os cines sempre tiveron muita importancia nas vilas e dá mágoa ver como pechan un a un.
    Visitei os carteis das películas e están mui ben. Fixeches ben en conservar eses recorodos do pasado.

  4. Checha said

    Moi boas, Pepe.
    Navegando un pouco polo foro da Tropa de Asalto á Barra, atopeite coma novo e último usuario, vindo a dar ao teu web co medo de que foses un “Spam”, e gran sorpresa a miña cando descubro a túa colección de carteis do cine das Cruces…..

    Alegrame ver que as xentes das cruces andamos por aí e chegamos a coñecernos, e alegrame tamén moito saber da túa coleccion e do teu blogue, coa promesa de visitarte moi a miúdo, e co desexo de dar a coñecer este espacio por onde sexa…así que xa che incluirei entre as miñas ligazons
    Un saúdo!

  5. Paco Penas said

    A ver Pepiño, entón as ruinas que aínda quedan por alí, fronte a bar de Garabás, ¿son doutro cine?,eu lémbrome de ir nalgunha ocasión, unha ou dúas, non máis…e nacín no 63.Para os aldeas coma mín, ir as Cruces os Domingo era algo sublime, era o despertar das sensacións máis pueriles, naquel tempo onde unha mirada era todo un labirinto de palabras.
    É un pracer pasar pola costa dos arrieiros,
    sempre corre unha brisiña que refresca a memoria.
    Unha aperta tan forte coma un nó de adibal.

  6. pepe penas said

    Amigo Dorvisou:¡Son do mesmo!…¡do mesmiño!. Eu digo que houbo un cine porque agora está cerrado.
    Unha aperta

  7. Ola pepe!unha maravilla de post, eu que son unha enamorada de saber desas cousas do pasado do noso pobo, encantoume. E ver todas eses carteis das películas, son xeniais.que ben que os gardaras! linlle o post a meus pais e eles tamén lembran ben o cine, miña nai recorda que o cura de insua levaraos a tódolos rapaces da parroquia unha vez o cine a ver unha película que era “El padre Damián”. Gracias por facernos lembrar estas cousas.un saúdo

  8. rifenha said

    Eu escrivi onte um comentário aquí e agora não vejo. Seguro que lhe premi mal ao botão ou se me fui o dedo para outro la do.
    Pois o meu comentário vinha a dizer que entrei neste blogue assim, por açar, e , de supeto, volvi ao cinema de Vimianço, com sua janelinha para depachar as entradas, os cartazes grandes polas paredes anunciando os filmes, a sáa forrada de cortiço, o pano vermelho cubrindo o ecrã e toda aquela mágia de quando se apagavão as luzes e aparecião aquelas cousas nunca vistas.
    Lembro o primeiro filme que vi:
    Rocio de la Mancha.
    A única vez que saiu minha avoa da casa de nuite, foi para ver Ama Rosa e Molokai
    A vez que peor o passei foi com “El capitán Blood”
    Obrigada por este espaço tão maravilhoso.

  9. Boas Pepe.
    Como xa che dixen no Fóro da tropa de asalto á barra, o cine do que falas pertenceu á miña familia durante moito tempo, de feito as súas ruinas estan en mans dunha tía miña. Non son poucas as anécdotas que teño escoitado na casa sobre os bailes que ali se facían e sobre o día a día dun cine do rural. Antes as vilas eran diferentes, eu son un mozo, pero ás veces sinto envexa polos da vosa xeración, antes habia unha cousa que se bota moito en falta: unión.

    É unha magoa que lugares que albergan tantas lembranzas estean hoxe en ruinas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: