O PINTOR DE DORVISOU
Posted by pepe penas o Xaneiro 14, 2007

MANUEL LORENZO
Veciño de Insua (Carbia). Por vocación se dedicó a las Bellas Artes
Deste xeito comeza unha nota publicada en CARBIA -Revista editada pola Sociedade UNION RESIDENTES DEL AYUNTAMIENTO DE CARBIA EN BUENOS AIRES- era o mes de xullo do ano 1942. Hai outra nota que fala do falecemento da sua dona Carmen Sueiro de Lorenzo o 17 de xaneiro de1942.
Manuel
Lorenzo Brocos, nado en Dorvisou, emigrou a Cuba despois de quedar orfo os catorce anos; estivo residindo na Habana, andou moito polo Centro Galego onde quizais haxa algunha mostra da sua pintura; no Barrio do Vedado, Habana antiga, hai unha igrexa coñecida co nome de Igrexa das Mercedes, polo visto conserva uns murais pintados por él.
O cura de Larazo, Dn. Ramón Dieguez, tio do meu bon amigo e paisano Armindo Iglesias, levouno a pintar na Igrexa de Arnego e maila de Cedelle, Larazo. Segundo amigo Paco Penas, nado tamén en Dorvisou, quizais en Merza, Vila de Cruces, haxa algunha mostra do seu talento na casa da famila Santaló. Os seus descendentes teñen un bon arquivo fotografico e tamén algunha mostra da súa arte. En Madrid tamén podería haber algunha mostra da súa obra.
Segundo amigo Armindo, todolos dias de Aninovo, sentianse bombas en Dorvisou que estoupaban por enriba da casa do Pintor. Nos anos da guerra os veciños ian a súa casa para escoitala radio. Moitas veces, cando Manuel estaba pintando, os nenos saían da escola e achegabanse a él con curiosidade, él pintaballe a caricatura e os rapaces sorrian o recoñecer a súas caras.
Dicían del que era un artista, foi un gran impulsor do Carnaval, polo visto unha vez meteu o Antroido nun carro e puxo vinte xogadas de vacas a tirar por él.
Sendo moi pequerrecho, lembrome dunha carnavalada que argallaron a beira da escola…coido que a estou vendo, había xente que andaba cun paraguas sin pano, somentes tiñan baleas, e levaban na punta, carozos de espigas de millo sen gran; na mentras nun escenario que ali montaran, un home, cun camisón de durmir daba berros e brincos nunha cama…a xente esmingoallabase coa risa.
Ata fai un ano non souben ben que era Manuel Lorenzo; sabía por oirlle o meu pai que lle chamaban O Pintor, coido que pola maña que tiña. Na escola de Dorvisou, onde me ensinaron a “hablar el castellano”, ainda quedan, namentras non caia todo,restos da sua obra; hai pintados todo arredor, por dentro, os persoaxes que os nenos estudiabamos na enciclopedia. Teño unha foto coa miña curmán Carme de Xosdedo, dende moi pequerrecho souben que a fixera O Pintor; quizais moitas casas de Dorvisou teñan fotos das que él fixo. Que cousa boa sería non deixar caer escola, e arranxala para que siga en pé lembrando a un fillo que, cando estivo fora da sua terriña, tivo un agarimo para os nenos da súa aldea, e chegou a pagar un mestre que lles ensinara as primeiras letras….Iso e ter agarimo a terra na que descansa para sempre.
Veciño de Insua (Carbia). Por vocación se dedicó a las Bellas Artes
Deste xeito comeza unha nota publicada en CARBIA -Revista editada pola Sociedade UNION RESIDENTES DEL AYUNTAMIENTO DE CARBIA EN BUENOS AIRES- era o mes de xullo do ano 1942. Hai outra nota que fala do falecemento da sua dona Carmen Sueiro de Lorenzo o 17 de xaneiro de1942.
Manuel

O cura de Larazo, Dn. Ramón Dieguez, tio do meu bon amigo e paisano Armindo Iglesias, levouno a pintar na Igrexa de Arnego e maila de Cedelle, Larazo. Segundo amigo Paco Penas, nado tamén en Dorvisou, quizais en Merza, Vila de Cruces, haxa algunha mostra do seu talento na casa da famila Santaló. Os seus descendentes teñen un bon arquivo fotografico e tamén algunha mostra da súa arte. En Madrid tamén podería haber algunha mostra da súa obra.
Segundo amigo Armindo, todolos dias de Aninovo, sentianse bombas en Dorvisou que estoupaban por enriba da casa do Pintor. Nos anos da guerra os veciños ian a súa casa para escoitala radio. Moitas veces, cando Manuel estaba pintando, os nenos saían da escola e achegabanse a él con curiosidade, él pintaballe a caricatura e os rapaces sorrian o recoñecer a súas caras.
Dicían del que era un artista, foi un gran impulsor do Carnaval, polo visto unha vez meteu o Antroido nun carro e puxo vinte xogadas de vacas a tirar por él.

Ata fai un ano non souben ben que era Manuel Lorenzo; sabía por oirlle o meu pai que lle chamaban O Pintor, coido que pola maña que tiña. Na escola de Dorvisou, onde me ensinaron a “hablar el castellano”, ainda quedan, namentras non caia todo,restos da sua obra; hai pintados todo arredor, por dentro, os persoaxes que os nenos estudiabamos na enciclopedia. Teño unha foto coa miña curmán Carme de Xosdedo, dende moi pequerrecho souben que a fixera O Pintor; quizais moitas casas de Dorvisou teñan fotos das que él fixo. Que cousa boa sería non deixar caer escola, e arranxala para que siga en pé lembrando a un fillo que, cando estivo fora da sua terriña, tivo un agarimo para os nenos da súa aldea, e chegou a pagar un mestre que lles ensinara as primeiras letras….Iso e ter agarimo a terra na que descansa para sempre.
P.D. Teño que darlle as grazas os meus bos amigos e paisanos Armindo Iglesias e Paco Penas; sen a súa axuda non podería escribir este post que tenta ser unha pequena homenaxe a Manuel .

Paco Penas de Dorvisou said
O máis ridículo sentido da propiedade é o arraigo materialista da iñoranza.
O que nada ten e soña que o ten todo sempre remata por ser un estorbo para que Galiza emerxa das súas profundidades e se sacuda os complexos enquistados. Falo desde a impotencia de non poder facer nada, enrabietado polo comportamento de “catro” veciños que prefiren ver derrubada “a minha”, “a nosa” escola mixta de Dorvisou denantes de buscar un arranxo.
Cónstame que unha muller, parente da familia do pintor, intentou fai un par de anos falar con esa xente que di ser a propiedade desas catro paredes onde ti e tantos outros nenos aprendimos a falar “castelan”, non galego…para chegar a un acordo e poder recuperar ese anaco tan íntimo e cheo de historia e salvar do olvido tamén esas pinturas do pintor hoxe, dalgún xeito homenaxeado. A resposta que recibeu pódese comparar cunha coitelada pola espalda ata o máis profundo do corazón de todos os que desexaríamos ver esa escola convertida nun espazo lúdico e público.
Fai uns anos aínda entrei a sacar unhas fotos e o teito era xa unha ventá ao ceu. As pinturas aínda seguían vivas antre tanta miseria e abandono. Agora, despois duns duros invernos, detrás daquelas portas pechadas cunhas trancas apuntaladas pola intuición puñeteira da propiedade privada só quedará as cinzas da nosa memoria.
Unha fortísima aperta e moitas gracias por este homenaxe.
paideleo said
Como di meu pai: hai xente que non deberìa morrer nunca e, como exemplo, valería Manuel Lorenzo.
Ogallá o seu legado quede conservado para o futuro como mostra do bo facer.