Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

AQUI BEBIAN…

Posted by pepe penas o Febreiro 26, 2007

pia.jpg
A este aparello chamannlle unha pía; adoitaba estar pola eira, nela bebían os animais..bueno non todos, somentes as galiñas, os can, os gatos, e se lle cadraba ata algún que outro porco mollaba ali o fuciño. As vacas e as bestas tiñan outras pias mais grandes, e poñianllas nun sitio que lle chamaban o curro. De pequeno sempre me tivo intrigado que uns animais tiveran nome e outros non. Cando sentía a miña avoa chamar polos porcos, endexamais dicía ningún nome, nin tan siquera porco..sempre..sempre dicia: quiros, quiros, quiros.
Se era coas galiñas non chamaba por Rubia, nin Negra, nin Pedresa, non..non todas eran: churras, churras. Cando chamaba polos gatos, nin dicia Felix, nin Micifuz, non..sempre dicia o mismo: micho, micho, micho. Se chamaba polas ovellas, nin lle chamaba Dolly, nin Farruca; para ela todas eran perica, ainda que a miudo dicia: Perica beeee.
Cando chamaba polas vacas ¿que?. ¡Ah!, cando chamaba polas vacas xa semellaba ter mais confianza; sentíase dicir: Xuvenca, Rubia, Marela, Gallarda ou Cuxa. Se era coas bestas era o mesmiño; dicia: Potra ou Castaña. Cando era cos cans a cousa xa tiña outra cor; algúns ata tiñan nome de xente: Lola, Luis…
Eu estiven a cavilar moitas veces porque sería dese xeito. Na Enciclopedia que tiñamos na escola somentes viña que cando Noe meteu unha parexa de cada caste non dicía que metera a José e mais a Carme, dicia que metera porcos, galiñas, vacas ,cans.. coido que como eran tantos non se puido parar a bautizalos a todos. A xente ocorreulle unha cousa semellante; as galiñas eran tantisimas e todas tan iguales que non habia xeito de poñerlle nome; os porcos non eran tantos coma as galiñas; pero como se mataban polo San Martiño, non llo poñian para non collerlle agarimo; os fillos dos porcos, eran tan pequerrechiños e tan igualiños que todos se chamaban o mesmo; para saber que se falaba deles dicían: ranchiños. As ovellas non eran moitas, pero tampouco estaban bautizadas, as veces somentes os machos tiñan nome; de cando en vez sintia dicir: tede coidado co cabrón do carneiro que cota. Xamais fun quen de entender cando falaban do lobo, sentía dicir: o cabrón do lobo comeu o carneiro. ¿sería que o comelo carneiro tamén lle comia o nome?…

2 Respostas to “AQUI BEBIAN…”

  1. As vacas eran como da familia, vivían debaixo dos cuartos, nas cortes que antes sempre estaban integradas nas mesmas casas,todo o tempo que se pasaba con elas levandoas a pacer (e claro non había pastor, polo que había que estar todo o día con elas) facía que se collera cariño, supoño que iso é unha das razóns polas que as vacas eran animais con nome, ó igual cos cans. A min sempre me fixeron gracia o nome dalgunhas vacas, na casa de miña tía había unha que lle chamaban linda. Agora nas inmensas granxas xa as chaman por números, a verdade e que recoñecer a máis de cen vacas todas brancas e negras é un pouco díficil; como cambian as cousas…

  2. Paco Penas said

    É o que ten a globalización…jeje
    Eu vin bebelas vacas en pías onde noutros tempos recibían o sacramento do bautismo os meniños…non me diredes que eso non é un sacrilexio.
    Apertas e bicos os dous.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: