
Era un día de sol, un dìa de calor, un día deses que lle fixo dicir a Anton Reixa: Fai un sol de carallo; deses dias nos que a xente dí que os paxaros caen das arbores; o noso amigo non ollou caer paxaros, pero él si que estaba a piques de caer..non tiña desexos de nada; de cando en vez lembrava nomes dos seus derradeiros, e entraballe unha anguria e un sono que ollaba todo tan negro coma se ve nas noites que non se ve nada.
Veulle o sentido o seu parente O Gato con Botas, que polo visto poñía un pé aqui e outro alá.
Veu o seu bisavó que corría coma un tolo detras do Rato Pérez.
Veu o seu tio Tom, que estaba nos EEUU, correndo coma un trén para pillar o Rato Jerry.
Cada vez que vía algún dos seus, entraballe mais sono. De supeto veu un que nunca vira na súa vida….chamanballe gato pero non se semellaba nada a él nin os seus. Non pillaba ratos, pasaba o dia tumbado no chan coma eles; case sempre estaba debaixo dalgún coche…pisabanlle o rabo,, bufaba coma un tolo, estarricabase, e quería fuxir; un home vestido cun mono azul, todo cheo de grasa e aceite, volvialle a pisar o rabo, el volta a estarricarse, bufar e querer fuxir outra vez. Non sabe o tempo que estivo asi, pero cando espertou sinteuse moi ledo de estar na sombra e de non ser aquel Gato ergue-coches…