Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 5 Marzo 2007

QUE TEÑAS UN BO DIA

Posted by pepe penas o Marzo 5, 2007

notas01.jpg
¿Lembraste deste diploma?…ben seguro que si, como non te vas lembrar das cousas que facía o teu pai cando era mais novo; de todolos xeitos ainda que non sexa oficial, hai que dicir que foi feito con todo o agarimo do mundo; a túa nai e mas eu sabiamos que despois deste poderían vir moitos mais. Sabemolo traballo e sacrificios que pasaches para chegar ata onde estás. Tes que saber que todos estamos moi orgullosos por todo o que levas feito. Estás do outro lado da poza, pero iso non ten importacia; se Dios nos da saúde xa che faremos visitas a miudo; eu agora teño todo tempo do mundo, e ata case desexos de aprender a falar inglés ainda que sexa con acento de Texas. ¿Sabias que hoxe cumpres anos?..saber, sabelo, o que poida que non sepas e cantos; polo menos e o que dis cando alguén che pregunta, nos sabemos cantos son, pero non cho imos dicir para que fagas algo de cuentas; os médicos tamén teñen que aprender matemáticas. Dende a Capital das Rias Baixas, desexamosche que teñas un moi bo dia, e que te atopes en Houston coma se estiveras na túa casa; no M.D Anderson (botalle un ollo ao remate desta lista) contan contigo, e ben seguro que te tratan como mereces.
Moitos bicos da tua avoa Elvira e mais nosos

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »