Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 8 Marzo 2007

IMPOSTO DE CIRCULACION

Posted by pepe penas o Marzo 8, 2007

ivtanimal.jpg
As nosas aldeas foron moitos anos sitios illados do resto do mundo, as poucas estradas que había case sempre pasaban moi lonxe cando facían falta. Había moitas corredoiras, por elas pasaban carros tirados polas vacas. Os concellos nonas arranxaban; pero eso si, os labregos metianlle un imposto por ter carros tirados por animais; tiña un nome moi fermoso para a contabilidade municipal: “Tasa por rodaje de carros por tracción animal, sobre vias municipales.”
Neste post poño o recibo que pagou o meu avó no ano 1949…tiña o número 805, somentes pagaba 10 Ptas….pero 10 Ptas do ano 1949.
Teño que recoñecer que fun un neno adiantado…, case non sabía falar o castelań, pero nacín nunha casa na que se pagaba o imposto de circulación; cando ia no carro da miña casa, ademais de ir polo toxo o monte ou levar esterco as leiras, ia nun carro de vacas que pagaba un imposto que lle chamaban: “Tasa por rodaje…..”; ¡quen me ia dicir a min tal cousa!…A primeira vez que paguei o imposto de circulación por ter un coche lembreime das miñas viaxes no carro das vacas..¡¡ non había dubida, pagar o imposto xa me viña de familia…!!

Posted in Lembranzas dun neno | 5 Comments »