Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

IMPOSTO DE CIRCULACION

Posted by pepe penas o Marzo 8, 2007

ivtanimal.jpg
As nosas aldeas foron moitos anos sitios illados do resto do mundo, as poucas estradas que había case sempre pasaban moi lonxe cando facían falta. Había moitas corredoiras, por elas pasaban carros tirados polas vacas. Os concellos nonas arranxaban; pero eso si, os labregos metianlle un imposto por ter carros tirados por animais; tiña un nome moi fermoso para a contabilidade municipal: “Tasa por rodaje de carros por tracción animal, sobre vias municipales.”
Neste post poño o recibo que pagou o meu avó no ano 1949…tiña o número 805, somentes pagaba 10 Ptas….pero 10 Ptas do ano 1949.
Teño que recoñecer que fun un neno adiantado…, case non sabía falar o castelań, pero nacín nunha casa na que se pagaba o imposto de circulación; cando ia no carro da miña casa, ademais de ir polo toxo o monte ou levar esterco as leiras, ia nun carro de vacas que pagaba un imposto que lle chamaban: “Tasa por rodaje…..”; ¡quen me ia dicir a min tal cousa!…A primeira vez que paguei o imposto de circulación por ter un coche lembreime das miñas viaxes no carro das vacas..¡¡ non había dubida, pagar o imposto xa me viña de familia…!!

5 Respostas to “IMPOSTO DE CIRCULACION”

  1. maray said

    Você já se deu conta que impostos, de maneira geral, são uma das invenções mais velhas do homem? Nem me atrevo a filosofar a esse respeito…
    unha aperta!

  2. Paco Penas said

    E seguro que daquelas pagaban todos os impostos porque senón mandábanlle os do tricornio…canto máis miro para o recibo máis tonto quedo.
    Unha aperta.

  3. Oskiña said

    Si, só que antigamente non só se pagaba con diñeiro.
    Na Inglaterra antiga había un imposto polo cal o Rei ou alguén ao que o Rei lle daba o visto bó, podía foder na muller de calquera. O imposto chamábase “Fornication Under the Consent of the King” que é de onde ven a forma vulgar inglesa FUCK.

  4. paideleo said

    Curioso o imposto sobre o veiculo de traccion animal.

  5. Pepe campinho said

    Po-lo que eu teño entendido daquela esas 10 pesetas podia ser mais do que custaba unha vaca, é unha vaca daquela non se mercaba como se merca hoxe “que calquera pode mercala co soldo de un mes” daquela mercar a vaca podia supoñer traballar un ano pa eso, creo..?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: