Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 22 Marzo 2007

KAS DA ALDEA

Posted by pepe penas o Marzo 22, 2007

kaslimon.jpg
Moito KAS teño bebido cando era neno; e coma min, moitos, moitisimos nenos. Non lle chamabamos KAS de limón, dicíamos un vaso de agua con limón e mais azucre. Estoume decatando do moito que se semellan: Os dous levan auga, os dous levan azucre, e os dous levan limón; hai unha cousa que non lle botan o KAS: son as carabuñas do limón, o noso vasiño de auga levaba unha morea delas; a auga era do mellorciño do mundo, era agua da Fonte do Novello; salia fría no verán e quente no inverno.

Posted in Lembranzas dun neno | 9 Comments »