Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

KAS DA ALDEA

Posted by pepe penas o Marzo 22, 2007

kaslimon.jpg
Moito KAS teño bebido cando era neno; e coma min, moitos, moitisimos nenos. Non lle chamabamos KAS de limón, dicíamos un vaso de agua con limón e mais azucre. Estoume decatando do moito que se semellan: Os dous levan auga, os dous levan azucre, e os dous levan limón; hai unha cousa que non lle botan o KAS: son as carabuñas do limón, o noso vasiño de auga levaba unha morea delas; a auga era do mellorciño do mundo, era agua da Fonte do Novello; salia fría no verán e quente no inverno.

9 Respostas to “KAS DA ALDEA”

  1. paideleo said

    Hoxe é o día mundial da auga. Sobre todo da auga da fonte de Novello.

  2. náufrago said

    ¿E que me dis da Mirinda?, ¿existirá aínda? ( menudo pareado que me saiu )

  3. O Raposo said

    Dixeronme que en Canarias hai sitios onde se tope atopar a Mirinda.
    Eu hai moitos anos que non a vexo.

  4. pepe penas said

    A proposito de la Mirinda, un chiste que circulaba cuando estaba en su apogeo:

    Mirinda

  5. Limonada, chamamos nós em Portugal. Sempre adorei! e quanto mais natural, melhor!
    Hoje temos também o Trinaranjus Sem borbulhas! Bem Bom!

    Um abraço.(sou um amigo português da Rifenha de “O Escunchador)

  6. Coido que aínda hai limoeiros na moura, alí xunto do horreo…non?
    Os limoeiros e as boas cerdeiras sempre se daban nas casas do ricos, os pobres non perdían o tempo en plantalas, desesperabanse moito vendo como non medraban.
    Eu tamén son da época da mirinda. Os días de festa collíamolas chapas para xogar os días despois e da fonte do novello non quero dicir nada que despois todo se sabe🙂

  7. ah, cóntame a minha compañeira que aquí en Canarias pódese mercar mirinda nuns supermercados que se chaman hipertrebol. Se hai demanda dela poderíamos enviarvos uns contenedores para a península e o raposo se quere, podo levarlla unha de litro no mes Xuño.

  8. Oskiña said

    A Mirinda segue a existir no extranxeiro. Depende do país. Hai anos existían tres marcas de refrescos de frutas: Fanta (de Coca-Cola), Mirinda (de Pepsi) e Kas, que era unha marca vasca. Os que máis vendían eran Fanta e Kas. Esta última era moi forte, sobre todo entre a mocidade a partires dos trece ou catorce. A Fanta tiña unha imaxe máis para os nenos, entón os mozos desas idades tomaban Kas que era máis “guai” e de maiores. O que non se comían moito eran os de Mirinda. Entón Pepsi comprou Kas e en España deixou de comercializar a Mirinda. Pepsi despois posicionouse moi claramente, cunhas campañas moi coñecidas hai anos con Alex (Alex y Cristina) cantanto aquilo de “Dame Kas”, para un público xoven que empezaba a sair de copas. Non sei vos, pero eu non coñezo a ninguén que pida Vodka con FANTA de laranxa, pero sí con Kas.

    Non sabía o de Canarias, pero claro alí o haberá de importación.

  9. náufrago said

    Estou encantado por saber que aínda hai Mirinda. Estiven nas Canarias hai dous anos e non a cheirei. Por suposto, na seguinte viaxe, paso polo Hipertrebol e levo varias caixas para a Península. Algo, por outra banda, moi típico, iso de volver das Canarias con cousas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: