Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

MARSHALL NON FOI PARA NOS

Posted by pepe penas o Abril 5, 2007

franco.jpg
España limita al Norte con los Montes Pirineos, que la separan de Francia…al Este…al Sur con el mismo Mar y el estrecho de Gibraltar…
Hoxe na escola había que aprender Xeografía; sempre había algún neno que botaba mais tempo cos outros en aprender onde estaba a nosa Patria; entón volvíamos a dicir outra, e outra…vinte, corenta, cincoenta, ou as veces que fora preciso ata que todos abríamola boca o mesmo tempo ou ata que a mestra nos fixera calar porque xa lle estoupaba a cachola de tanto barullo. Dende a banda de riba das catro paredes da escola os persoaxes que pintara Manuel Lorenzo Brocos, o Pintor de Dorvisou, miraban para nos cun sorriso; lembraban outros días nos que falabamos deles: Cristobal Colón polo visto fora un navegante que chegou a España pedindo axuda para atopar un atallo que o levara as Indias; daquela non se sabía moi ven de onde viña, na nosa Enciclopedia coido que dicían que era un navegante xenovés; galego non podía ser a menos que soubera falar o castelán; os Reis Católicos non quería que ninguén falara o Galego. De cando en vez Isabel e Fernando tiñan cara de estar enrabechados cos nenos, miraban para nos, pero semellaban estar serios porque non falabamos sempre o castelán; cando falabamos da nosa aldea diciamos Dorvisou, e polo visto había que dicir Dorvison; cando diciamos que o dia trece de maio había que ir a Duxame levandolle frores a Virxen María que baixara a Cova de Iría,en Portugal, seica non diciamos ben, tiñamos que dicir Dujame.
Hernán Cortés cuns cuantos valentes ganoulle unha guerra a milleiros de indios e conquistou México. Na parede que tiñamos diante dos nosos ollos había un escudo moi grande que tiña a cabeza dun paxaro, mesmo semellaba un miñato; nalgún sitio había unhas letras que dicián: España Una Grande y Libre; iso disque foi dende que houbo o Alzamiento Nacional, na Enciclopedia dicía que fora preciso, porque polas boas non houbo maneira de arranxar nada, e entón houbo que pelexar para que non se arruinara España. Cando saíamos o recreo houbo un tempo que nos daban queixo e mais unha cosa marela, semellaba fariña de millo, habia que desfacelo en auga e ¡disque era leite!…leite…leite era o que me daban na miña casa cando muxian a Marela, e queixo..queixo era o que facían co leite da Marela e non aquelo que non había neno que tivera collós a levalo a boca; tiñamos zocos, andabamos por enriba da bosta e mais da lama, tiñamolo pantalón rachado, non nos gustaba aprender o castelán; pero de queixo e leite sabiamos case tanto coma as vacas. Polo visto era cousa dos americanos; cando rematou a II Guerra Mundial, fixeron o Plan Marsahall que foi unha axuda os europeos que pelexaron contra Hittler; coma ainda habia pouco que tiveramos unha guerra, O Caudillo non quixo ir a pelexar, pero mandou unha morea de soldados para que lle axudaron o alemán; polo visto os americanos non lle gustou nin un chisco e non nos deron nin pataco; mais tarde americanos e rusos comezaron a ter liortas entre eles, daquela foi cando os ianquis se decataron de que o Caudillo fora un heroe botando os roxos de España; as cousas foron mellorando: fixeron sitios para gardar os seus avions…asi o non ter que ir todolos dias a súa terra, co que aforraban na gasolina, comezaron a prestarnos cartos, e a mandar queixo e leite para os nenos…

10 Respostas to “MARSHALL NON FOI PARA NOS”

  1. paideleo said

    No leite e no queixo non vos podian enganar. Nos outros asuntos si que vos enchufaban mentiras. Menos mal que os tempos mudaron.

  2. Robert said

    Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
    Saúdos

    Robert

  3. Paco Penas said

    ¡Que frio facía naquela escola, redios!
    Eu, que fun das últimas xeneracións desa escola mixta de DORVISOU aínda me soan as letanías, o estribillo. Está claro que neste país o sistema educativo quedou conxelado moitas décadas… Falo da Galiza rural mais coido que estaría todo cortado polo mesmo patrón.
    Un abrazo Pepiño e coidateme moito…

  4. Gustoume moito!

  5. mamiago said

    Así que conoces a mi hermana Cris y a Toño…Me alegro mucho cuando alguien lee el blog de Iago y me deja un comentario, para mi significa mucho. GRAAAAACIIIIAAASSS….Bikos.

  6. pepe penas said

    A do outro lado:
    Vou poñer unha ligazón o teu Blog e fareiche visitas. Eu teño unha filla en Houston, xa leva ali dos anos e medio.

  7. pepe penas said

    Mamiago.
    A Cris e a Toño so os coñezo de oido; souben deles no Blog de paideleo, a él tampouco o coñezo en persona, coñecino na Rede cando estivo nos EEUU.

  8. Pois moitas grazas. Serás moi benvido.

  9. walter said

    Sempre que me deixo caer pola Costa dos Arieiros o meu rostro esboza un sorriso, namentres os meus ollos trocan en formas armónicamante perfectas e volverei sempre para non deixar durmila conciencia. Graicias polo ligazón, segue escribindo, e volcando esas fotos tan boas!!

  10. thirthe said

    uff…nunha escola parecida tamén medrei eu, con leite en po nos recreos…
    cantas veces fomos reciclados, diosmio!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: