Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 12 Abril 2007

A MONA CHITA

Posted by pepe penas o Abril 12, 2007

tarzan.jpg
Hoxe souben que a mona Chita, a das peliculas de Tarzán, non era ela, polo visto era él; fiquei un chisco desconcertado, foi coma cando me dixeron que non se dicía Sofía Lauren, dicíase Sofia Loren; traballo costoume dabondo pero rematei dicindo Loren. Dempois de tantos anos de falar de Chita, non vai ser nada doado pensar que na realidade non é ela…pero para min e para todos os que con ela nos esmingoallabamos coa risa, seguirá sendo a mona Chita. ¿Como souben que non era femia?…moi sinxelo: A Rede, as autoestradas da información, navegando pola Internet ( por certo non acado a comprender como se pode navegar sen ter barco ); pasoume o deconcerto cando seguin lendo e vin que neste mes cumpriu 75 anos; naceu en Africa no ano 1932, ata o ano 1940 fixo unha ducia de peliculas de Tarzán; no ano 1933 fixo a primeira con Johnny Weissmuller e Maureen O’Hara: TARZAN E A SUA COMPAÑEIRA. Todolos que fixeron de Tarzán e outra xente que traballou con ela xa morreron, tamén morreron outros tres chimpancés que fixeron de Chita. O libro Guinnes dos Records teno como o chimpancé mais vello do mundo. Cando cumpriu 74 anos deronlle unha homenaxe en Peñiscola. No ano 1967 deixou de traballar no cine, agora vive xubilada en Palm Springs, California, e dedicase a pintura. Aledome moito de que siga viva e poida disfrutar da xubilación, lembrome do moito que teño rido no cine Capitol, en Santiago de Compostela, naquelas peliculas que poñían as tres e media…, cando remataba a función saían rapaces ata por debaixo das portas…uns berraban coma Tarzán, outros poñían a cara da mona, e todos, todos, estaban desexando que chegara axiña o domingo para mirar outra vez a mona e escarallarse da risa con ela… ¡Chita for ever!…¡¡happy birthday to you!!

Posted in Lembranzas dun neno | 6 Comments »