Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A MONA CHITA

Posted by pepe penas o Abril 12, 2007

tarzan.jpg
Hoxe souben que a mona Chita, a das peliculas de Tarzán, non era ela, polo visto era él; fiquei un chisco desconcertado, foi coma cando me dixeron que non se dicía Sofía Lauren, dicíase Sofia Loren; traballo costoume dabondo pero rematei dicindo Loren. Dempois de tantos anos de falar de Chita, non vai ser nada doado pensar que na realidade non é ela…pero para min e para todos os que con ela nos esmingoallabamos coa risa, seguirá sendo a mona Chita. ¿Como souben que non era femia?…moi sinxelo: A Rede, as autoestradas da información, navegando pola Internet ( por certo non acado a comprender como se pode navegar sen ter barco ); pasoume o deconcerto cando seguin lendo e vin que neste mes cumpriu 75 anos; naceu en Africa no ano 1932, ata o ano 1940 fixo unha ducia de peliculas de Tarzán; no ano 1933 fixo a primeira con Johnny Weissmuller e Maureen O’Hara: TARZAN E A SUA COMPAÑEIRA. Todolos que fixeron de Tarzán e outra xente que traballou con ela xa morreron, tamén morreron outros tres chimpancés que fixeron de Chita. O libro Guinnes dos Records teno como o chimpancé mais vello do mundo. Cando cumpriu 74 anos deronlle unha homenaxe en Peñiscola. No ano 1967 deixou de traballar no cine, agora vive xubilada en Palm Springs, California, e dedicase a pintura. Aledome moito de que siga viva e poida disfrutar da xubilación, lembrome do moito que teño rido no cine Capitol, en Santiago de Compostela, naquelas peliculas que poñían as tres e media…, cando remataba a función saían rapaces ata por debaixo das portas…uns berraban coma Tarzán, outros poñían a cara da mona, e todos, todos, estaban desexando que chegara axiña o domingo para mirar outra vez a mona e escarallarse da risa con ela… ¡Chita for ever!…¡¡happy birthday to you!!

6 Respostas to “A MONA CHITA”

  1. mamiago said

    Pues eso, feliz cumpleaños Chita.

  2. maray said

    E quando víamos na TV ( aqui era uma série de TV) e íamos para o quintal subir nos cipós “igual ao tarzan” ?? Tenho marcas no joelho até hoje! Não sei porque, mas os cipós dos terrenos perto de casa não eram tão bons como os dele. Sempre quebravam antes…:)

  3. Entendo o teu sentimento… Eu aínda non me recuperei de saber que Ramón Sánchez Ocaña non era médico. A vida é unha decepción constante.

    Apertas varias.

  4. Muralla said

    Eu tampouco sabía nada deso,nin siquera sabía que aínda vivía…
    A min tamén me fixo pasar mui bos momentos, así que que viva muitos anos…!!!
    Tamén estou encantada de volver a pasar por esta casiña..
    Bicos

  5. waltinho said

    Eu fiquei abraiado cando lin este post, non pensei que fora certo. Encantado de ter novas, desta espectacular historia.

    Por certo pásate polo blog dun amigo Peregrino Celta, que teño como link na miña blog ocioloxia.wordpress.com, espero que che goste, é un amigo portugués que escribe dende o puro ocio, seguramente gostes de lelo.

    unha aperta dende cerca do fin do mundo.

  6. náufrago said

    Vai sendo hora ( digo en serio ) de que lle dean un Oscar Honorario. ¿Por que non?, ¿non ten unha longa carreira no cine?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: