Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A DIASPORA

Posted by pepe penas o Maio 7, 2007

adorablejuventud canaris
O meu amigo Xavier emprestoume un monte de revistas dos anos trinta e corenta; no medio de todas chamoume a atención este cartel dunha compañía alemana: Hamburg Sudamerikanische, no que se poñían as saidas dende Vigo para Rio de Xaneiro, Santos, Montevideo e Bos Aires; nel aparecen as datas, os barcos, e o custo da pasaxe. Polo outro lado do papel veñen unha serie de cousas que había que ter en conta no intre de tomar a decisión de ir para outro pais.
Entre os anos 1882 e 1935 arredor de tres millóns de españois deixaron a sua terra para probar sorte no outro lado do mar; esta xentiña que se botou polo mundo adiante foi, maiormente de Galiza e Asturias; ainda que tamén houbo de Cataluña, Castilla, Pais Vasco e Illas Canarias. O ano 1930 non foi certamente un bo ano; dempois do crac da Bolsa de Nova Iorque, comezou a depresión en todo o mundo. A situación en España viña de dar unha reviravolta, en abril do 1931 proclamase a II Republica, nese mesmo ano mandaba en Arxentina Jose Felix Uriburu que dou orixe a un cambio politico. En Uruguay mandaba Gabriel Terra. Nesas mesma datas en Brasil mandaba Getulio Vargas.
Picando nestas ligazóns poderanse ollar as fotos destes barcos; quizais algún deles puido ser a casa onde estivo algún parente teu namentras non chegou ao seu destino. Todos marchaban co desexo de regresar algún día…algúns puideron facelo…outros volveron nos xenes dos seus descendentes.

Pica nas fotos se as queres ver a maior tamaño

6 Respostas to “A DIASPORA”

  1. Paco Penas said

    E todo por catro euros…
    Esta é unha crónica que aínda debe de estar por escribir. Unha crónica negra chea de padecementos e miseria que non debemos esquencer. Todos ou case todos temos genes que cruzaron o Atlántico. As correntes emigratorias son ciclos, agora tócalle a outros, noutras condicións máis favorables pero que non deixan de ser o mesmo disfraz da porca miseria.
    Un abrazo de adibal.

  2. Sole said

    Historias de ida y vuelta,de los que fueron y ahora de los que venimos.
    De lágrimas y risas.Historias que hay que contar y que si me permites ilustraré con tus fotos.

  3. maray said

    Sou de uma cidade- São Paulo- formada por esses inúmeros genes que por aqui vieram. Poucos aqui são brasileiros por mais de duas gerações. Geralmente nossos avós eram estrangeiros. E fizeram desta cidade, além da maior cidade da america do sul, a mais diversificada. Meus avós eram alemães de um lado e italianos de outro. E é maravilhosa essa diversidade. Como se, para dar a volta ao mundo, bastasse dar a volta ao quarteirão…Imagino o quanto foi triste, para todos os imigrantes, sairem de suas terras, mas sem eles esta cidade não seria o que é. Devemos muito a todos os imigrantes.

  4. Con una mano adelante y la otra…

    Así es la historia, Pepe, tal como la cuentan las bitácoras de otros tantos buques. Si bien mis padres llegaron mucho después de esos años, la inmigración de aquellas épocas -mayormente desde España e Italia- fue el motor que impulsó el desarrollo de nuestros países. Bajaban de los barcos con un saco de esperanza y un puñado de ilusiones, solo eso bastaba. Ellos llegaban con un solo objetivo, trabajar, construir el futuro para sus hijos y educarlos; no había aventura alguna en ello.

    Otro post con acertada visión, Pepinho, qué buen homenaje el tuyo.

  5. náufrago said

    Toda a familia de meu pai marchou en algún deses barcos. Impresionante.

  6. muralla said

    É unha delicia lerte. Sempre. Este artículo é unha esperanza e unha lembranza para todos nosoutros, porque todos temos algún que se foi e volveu e algún outro que nunca o fixo…
    As fotos son estupendas.
    Muitos bicos, meu querido amigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: