Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

POMBA DA PAZ ?

Posted by pepe penas o Xuño 20, 2007

Dende neno, cando ia a escola de Dorvisou, sempre tiven por certo que as pombas eran o simbolo da Paz. Polo visto Noso Señor estaba moi enrabechado cos homes, eran uns pecadentos, e quixolles dar un castigo: ia facer que chovera corenta dias e corenta noites para que afogaran todos; na Enciclopedia que tiñamos dicía que o Noso Señor dixolle a Noé que fixera unha barca moi grande, que metera nela a súa familia e unha parella de cada animal que houbera no mundo. Noé pasou os corenta dias e as corenta noites metido na Arca; tiña con él unha morea de animais: vacas ,porcos, galiñas, cans, cabalos, corvos…e tamén tiña pombas. Sabía o refrán aquel de que “nuncha choveu que non escampara”, botou de conta que xa era moito chover, estaba a chegar o verán e algún día tería que parar. Unha mañan botou un corvo a voar, alá pola noite chegou todo mollado e non quixo comer nada; mandouno uns poucos días maís e o tolo do corvo sempre facía o mesmo: chegaba mollado e non comía. Noé decatouse de seguida que ainda había moita auga; o corvo mollabase o comer outros animais mortos e por iso non tiña fame o condenado. Outro día mandou ir unha pomba e de seguidiña volveu, non atopou onde pousarse; o outro día pola mañan cediño volveu a mandar a pomba, desta vez tardou un chisco mais; traía no peteiro un ramalliño de oliveira; Noé soubo así que xa podía baixar da Arca, as augas xa non cubrían a terra; puxose moi ledo , aquela pomba e mais os seus descendentes ian ser para sempre as “Pombas da Paz”.
Pasaron os anos e deixei de ser algo neno, coido que de todo nunca deixamos, merquei unha máquina de retratar, atopei unha pomba e fixenlle a foto; cando cheguei a casa fiquei abraiado: esa pomba non semellaba nada a de Noé, por riba de non ser branca marcaba o paso coma se estivera facendo o servizo…e a sombra…a sombra mesmo semellaba aquelas bombas que me dicía o meu pai que botaban na Guerra…

6 Respostas to “POMBA DA PAZ ?”

  1. mamiago said

    Pois agora que o dis, e mesmiño unha bomba, vaia coa pomba.

  2. paideleo said

    Os anglosaxóns distinguen as dúas clases de pombas: as brancas da paz e tan bonitas son ” dove ” coma o producto ese das mans e as de cores e máis comúns son ” pigeon “.
    Se fai a diferenciación esta xente será por algo. Supoño que distinguirán a pomba civil da pomba militar que tan ben retratou ese neno medrado.

  3. Inefable, Pepinho, si hay que calificar -de alguna manera- tu prosa.

    Y muy apropiado el comentario de Paideleo, tal como es en realidad.

  4. maray said

    Pombas são uns animaizinhos interessantes. Quem não as conhece de perto gosta. Eu achava muito romântico o barulho que elas fazem, seu andar, suas penas coloridas. Até terem chegado aqui perto de casa umas tantas e uma vizinha bem intencionada mas desavisada começar a alimentá-las. Agora são montes delas, me deixando louca com seu arrulhar e sua sujeira. Pombas hoje, só à distância. Muuuita distância!🙂

  5. Ao mellor é unha pomba disfrazada…

  6. waltinho said

    As pombas,…, se queres páxoche unhas fotos dun pombal que coñezo ben. Un saudo e paz!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: