Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

ANDURIÑA

Posted by pepe penas o Xuño 26, 2007

paneira.jpg
En Galicia un día eu escoitei
unha vella historia, nun café.
Era dunha nena que da aldea, se escapou.
…Anduriña nova que vóou…

Choran ó pensar, ¿onde andará?
Mais ninguén a quere ir buscar.
Anduriña lle chamaron, os que alí deixou
torna pronto ó porto, ¡por favor!…

Un velliño fala xunto ó lar,
di-me moi baixiño e sin maldade.
Anduriña e nova… Voltará, ¡xa-o verán!
Probe paxariño, sen plumar…

Nun día calqueira, pousará.
Seu misterio, xa non o será.
O nome Anduriña, xa xamais, llo dirán.
Pero mentres tanto, ¿onde vái?

Anduriña ¿onde vái?… Anduriña ¿onde vái?…
Anduriña… ¿Onde vái?…


Un dia destes estiven escoitando a cantiga Anduriña, de Juan e Junior. Lembreime da casa na que nacín en Dorvisou; lembrei aquela palleira que tiña todo o ancho da eira; lembrei aquel teito de madeira cheo de vigas e niños de anduriñas; lembrei aqueles paxariños, que voaban a rente do chan, e berraban coma tolos para escorrenta-los gatos que vixiaban os niños; lembrei aqueles pais que se achegaban os fillos e collían no seu peteiro a merda que eles cagaban para que non caera no chan; lembreime cando as anduriñas chegaban a miña aldea, e con toda a confianza metianse nos niños que tiñan feitos doutros anos; lembreime sentilas piar cando saia da cama. Eu non escotei esa historia nun vello café; ninguén ma contou, esa historia saeu da miña pel: foi un neno que escapou da aldea, nunca souben se alguén chorou cando dicía: ¿onde andará?; ninguén me foi buscar; tampouco sei se Pepe ou Pepiño me chamaban os que alí deixei; gustariame saber se alguén dixo que volvera pronto ¡por favor!. Volverá,volverá, quizais dixera a miña avoa ou a tía Mercedes de García…Nun día calquera por aqui se pousará; e namentras non me vían quizais dixeran: Pepiño ¿onde vai?, Pepiño ¿onde estará?. Volvin, coma as anduriñas, volvín algunhas veces mais; case sempre volvía cando lle cadraba; unhas veces atopabas na palleira e outras non; dunha vez tardei moito; foi desa volta cando me decatei que non había xente, nin vacas, nin bestas, nin galiñas, nin porcos, nin cans, nin tan siquera anduriñas. ¿Onde estarán?, dicia eu. ¡bah! un día calquera xa se pousarán…non oin a historia nun café, ninguén ma veu contar, esta historia aprendina o mesmo tempo que aprendin a falar. ¡Que magoa me da!.. ainda volvo, de cando en vez,…pero a filla, da filla, da filla dunha pariente moi lonxana daquela anduriña que tentaba peteirar os gatos; ¿onde vai?…aquela anduriña vestida de branco e de negro, aquela anduriña que coma todas criouna a sua nai; ¿onde vai?…anduriña…¿onde vai?…

4 Respostas to “ANDURIÑA”

  1. mamiago said

    moi bonita

  2. waltinho said

    Que coincidencia, xustamente estou facendo unha recopilación de fotos de canastros, e mira ti, pasando polo teu blog encóntrome con teu último post un canastro como mandan os cánones.

    Un saudo!!!

  3. maray said

    As andorinhas que se vão dificilmente voltam. Mas da nossa memória elas nunca se vão. Mesmo que não voltem mais. Eu, como você, também gosto de cultivar minhas memórias de andorinhas e de criança. No dia em que esquecer minhas raizes acho que vou amarelar, como planta. E secar.
    Unha aperta!

  4. paideleo said

    As anduriñas marcharon coma os tempos pasados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: