Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 11 Xullo 2007

TRIUNVIRATO ?

Posted by pepe penas o Xullo 11, 2007

28maio01 28maio02
Unha vez era un sitio que lle chamaban Pontus Veteris, había moita, moita xente; había tres cidadáns que querían mandar mais ca todos xuntos; Miguel Anxo dicía: Pontus Veteris ciudad pensada para ti, Tareixa dicía: xuntos faremos mais, e o tal Telmo dicía: confianza e futuro. Eles xa sabían un chisco do que era mandar: Miguel Anxo mandara oito anos axudado por Tareixa, Telmo viña de mandar nun sitio a carón do mar. Pasaran catro anos e lembraronse de que tiñan que facer un campionato para ver quen volvía a mandar. Cada quen falou cos seus amigos; entre todos escolleron coma dia para xogar o 28 de maio do 2007; todos estaban moi ledos, cada un botaba contas de cantos goles ia meter, todos coidaban que ian gañar por unha morea deles. Amañeceu o día 28 coma moitos outros días; os tres sabían o que desxeban, pero ningún sabía o que pasaría. A xente do pobo case toda sabía a quen quería, non sendo algúns que souberon a ultima hora que había un campionato e ainda non sabían moi ben quen xogaba. Escolleron unhos cuantos locais e chamaronlle “colexios electorais”, a xente entraba neles, pero non ia a estudar; escollían uns papeis cheos de nomes, habiaos de mais de tres castes, escollían o que mais lle gustaba e metianos nunha urna; a eso das oitos da tarde xa non deixaron entrar a ninguén, e pecharon as portas; nun deles oubin a un home que debía de saber latín e dixo:”alea jacta est”, que disque ven a ser algo asi coma: “a sorte está botada”. Ata ven entrada a noite non se soubo quen gañara, uns e outros andaban a dicir os resultados que eles coidaban que ian a sair; o primeiro todos gañaban, despois uns foron gañando mais e outros menos. O remate foi cando se soubo os goles que metera cada un: O tal Telmo metera doce; mecagoendiola dixeron Tareixa e mailo Miguel Anxo, se xuntamos os nosos goles temos trece e fodemos a Telmo; asi o fixeron e dixeron que gañaban eles xa que tiñan trece. Telmo dicía que tiña que gañar porque fora o que mais goles metera, Tareixa e mais Anxo dixeronlle que o regulamento do campionato deixaba xuntar os goles dos que tiñan menos, e se xuntaban mais cos que tiña o que gañaba, daquela gañaban eles. Telmo tivo que calar. Tareixa dixolle a Miguel Anxo que mandara él porque tiña mais goles, pero como somentes lle levaba un tiñan que xogar a: “ti dasme unha cousiña a min, e eu douche unha cousiña a ti”. Asi estiveron xogando todo o mes de San Xoan e ainda están xogando no mes de Xullo, non hai maneira de que a un lle gusten as cousas que lle da o outro, nin a o outro as que lle da un. Miguel anxo quixo poñer as cartas boca arriba e xuntouse con Tareixa e malo Telmo, quería facer unhas cousas que lle conviñan. Telmo dixo que de ningun xeito; Tareixa dixo que namentras non remataran o xogo de “ti dasme..a ti”, non había nada de que falar. A xente que estivo seguindo o campionato xa comenza a cansar, hai moitos que din que non sería mala cousa coller as mellores promesas de cada un e xuntalas nunha saqueta, darllas os tres para que as lean, e dicirlle: aqui tedes o que hai; se fostes a escola tedes que lembrar que os romanos xuntaronse por duas veces tres e tres para mandar, de principio non lles foi mal de todo, pero a cousa non rematou ben. A ver que facedes, ou vos xuntades, ou só vai mandar un polo carallo. Facede como vexades; dentro de catro anos se cadra tirades polos pelos por non facer o que tiñades que facer…

Posted in Cine na rúa e novas | 3 Comments »