Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 30 Xullo 2007

Eu, Ti, El…

Posted by pepe penas o Xullo 30, 2007

eutiel.jpg
Pois non, non se podía dicir dese xeito. Despois de algunhas noites escuras e longas, un día pola mañán cediño correuse a nova que non se podía dicir: Eu, Ti, El, Nos, Vos e Eles. Polo visto era unha vergoña ver rapaces pequenos, maiormente nas aldeas, coa roupa rachada e con zocos cheos de bosta falar dese xeito. De primeiro semellaba un conto, pero pouco a pouco decatamonos que nono era; tivemos que ir a escola e a mestra mandabanos dicir: Yo, Tu, El, Nosotros, Vosotros, Ellos. Os meirandes seguian falando coma antes; para que non deixaran de traballar tiñamos que ser os pequerrechos os que lle ensiñabanos a dicir Eu,Ti…doutro xeito; seica era “hablar castellano”. Cando chegabamos a casa xa non sabiamos se Eu era Yo, se Tú eras Tí, se Nos eramos Nosotros, ou se Nos eramos Vos. Decataime do mal que nos sentiamos cando ,sendo xa grande, un día sentín a un tal Uxío que contaba contos. Dicía que unha vez sentira petar na porta da súa casa, preguntou quen era e dixeronlle: Yo; abreu a porta, e mecagoendiola resulta que era El. E agora digo eu se foras Ti o que petaras tamén ias dicir Eu cando che preguntaran quen eras; o que contaba o conto volvería dicir: mecagonodemo era El o que petaba. Se os que petaran dixeran: somos Nos; o do conto cando abrira a porta seguro que ia dicir: mecagendiola, agora son Eles…

Posted in Lembranzas dun neno | 2 Comments »