ESTA E UNHA HISTORIA DE MATEMATICAS |
|
|
Archive for Agosto 2007
DERIVADA
Posted by pepe penas o Agosto 29, 2007
Posted in Relatos curtos | 3 Comments »
OLLOS
Posted by pepe penas o Agosto 27, 2007

Non sei onde, nin quén, nin cando, nin como; só sei que alguén dixo: os ollos non se chaman ollos porque ti os vexas, chamánlle ollos porque son eles os que te ven a tí.
Ti tes que ser Laura; ¿sabes por qué?…Porque os ollos, que se chaman así porque eles vente a tí, dixeronme que a rapaza que está detrás deles nesta foto ven sendo de María e de Antonio; bicos a María e mais o Antonio por ter a Laura detrás duns ollos tan fermosos.
Ti tes que ser Laura; ¿sabes por qué?…Porque os ollos, que se chaman así porque eles vente a tí, dixeronme que a rapaza que está detrás deles nesta foto ven sendo de María e de Antonio; bicos a María e mais o Antonio por ter a Laura detrás duns ollos tan fermosos.
Posted in As fotos falan | 7 Comments »
O PILOTO
Posted by pepe penas o Agosto 22, 2007

Este é o Antonio cando era pequerrecho, os seus irmáns chamábanlle Piloto; despois sen saber por que nin por que non todos rematamos chámandolle do mismo xeito. Antonio tiña cara de rillote e era mais pillabán ca unha ducia de nenos xuntos. Dunha vez contoume unha historia de cando levara uns portugueses a miña casa, e de como polo camiño foise facendo amigo deles falándolle de xogadores coma Eusebio, Coluna e Torres; fálabame da súa tía María, a miña nai, fálabame do Patio de Madres, da calle do Hórreo; fíxome lembrar tantas cousas que tiven que escrivir o e-mail que él me mandara. Ollando este retrato coido que podía ser, sen dubida ningunha, o comandante dun avión de Ibería con algunha xente da sua tripulación; semella o xefe dun pelotón de soldados dando novidades ao seu superior; todos co seu xelado na man dereita, coma se fose o fusil, e todos cheos de fachenda. Verdadeiros profesionais, comedores de xelados, en perfecta formación. Quizais ningún deles se lembre, ou si, se era un xelado da Xixonenca ou da Ibense; o que si han de lembrar era o ben que sabían aqueles condenados. Eran tempos nos que había poucas cousas; ainda que tiveramos pouquiñas, cando tiñamos algo semellaba que tiñamo-lo mundo enteiro nas nosas mans. Unha aperta o Antonio e tamén as outras primas da foto.
http://www.sonowebs.com/categories.php?catid=487
Posted in Lembranzas dun neno | 3 Comments »
O LOBO DO CONTO
Posted by pepe penas o Agosto 6, 2007
ESTA E UNHA HISTORIA PARA MAIORES |
|
|
Posted in Relatos curtos | 3 Comments »