Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O LOBO DO CONTO

Posted by pepe penas o Agosto 6, 2007

ESTA E UNHA HISTORIA PARA MAIORES
Era pola tardiña a piques de caer a noite, coma todolos dias, o sarxento Ruiz saia do cuartel e metiase a través do monte para ir a casa da sua avoa que andaba coa saude un chisco estragada. Ainda ven non se meteu por un camiño estreito veu un lobo pasar de lonxe. Lembrouse do conto de Caperuchiña Vermella e veulle un sorriso;¡manda carallo!, os seus anos ocorrerselle semellante parvada. Entroulle un chisco de presa, apurou o paso e de seguida chegou a casa; abreu a porta e subeu o cuarto, había pouca luz; a sua a voa estaba sentada na cama e coa almofada detrás do lombo. Non semellaba a de sempre:¡cacho ollos tiña!, ¡e que orellas!, tan grandes coma as canizas dun carro; a boca mesmo semellaba o burato por onde se metia o pan no forno. Veulle outra vez ao sentido o conto de Caperuchiña; non quixo preguntar nada: non quixo saber nin dos ollos, nin das orellas, nin da boca. Sacou a pistola da cartucheira e zorregoulle tres tiros na testa; non había dubida era o cabrón do lobo que remataba de merendar a sua avoa. Despois do terceiro tiro sinteu a campá da igrexa tocar a morto; a porta da casa abaneaba coma se alguén quixera abrila; botou a cabeza pola ventá e alí estaba o lobo tentando esnaquizar a porta coas patas e mailos dentes…
.

3 Respostas to “O LOBO DO CONTO”

  1. maray said

    Sabe, essa história parece (infelizmente) com as que a polícia conta por aqui, quando “sem querer” dá um tiro em alguém que nem passagem pela polícia tinha. Dizem, os milicos, que “houve confusão”. De bala perdida a gente entende por aqui.😦

  2. paideleo said

    Vaia historia tenebrosa que semella para contar en noite de inverno e non no verán.
    Ó que ía: nunca subín en globo pero si que me gustaría.

  3. Paco Penas said

    Dicía Paco Lareo na presentación do seu libriño “camiño de volta” que todos os contos teñen algo de traxedia, polo que tiña a sensación de que a sua historia aínda estaba sen rematar, escribira un conto como de amor sen coiteladas.
    A túa versión de carrapuchiña parécese a unha crónica de sucesos, das que hoxe encabezan os xornais e telexornais do país.
    Saúde e terra, irmao.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: