Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 22 Agosto 2007

O PILOTO

Posted by pepe penas o Agosto 22, 2007

antonioprimo.jpg
Este é o Antonio cando era pequerrecho, os seus irmáns chamábanlle Piloto; despois sen saber por que nin por que non todos rematamos chámandolle do mismo xeito. Antonio tiña cara de rillote e era mais pillabán ca unha ducia de nenos xuntos. Dunha vez contoume unha historia de cando levara uns portugueses a miña casa, e de como polo camiño foise facendo amigo deles falándolle de xogadores coma Eusebio, Coluna e Torres; fálabame da súa tía María, a miña nai, fálabame do Patio de Madres, da calle do Hórreo; fíxome lembrar tantas cousas que tiven que escrivir o e-mail que él me mandara. Ollando este retrato coido que podía ser, sen dubida ningunha, o comandante dun avión de Ibería con algunha xente da sua tripulación; semella o xefe dun pelotón de soldados dando novidades ao seu superior; todos co seu xelado na man dereita, coma se fose o fusil, e todos cheos de fachenda. Verdadeiros profesionais, comedores de xelados, en perfecta formación. Quizais ningún deles se lembre, ou si, se era un xelado da Xixonenca ou da Ibense; o que si han de lembrar era o ben que sabían aqueles condenados. Eran tempos nos que había poucas cousas; ainda que tiveramos pouquiñas, cando tiñamos algo semellaba que tiñamo-lo mundo enteiro nas nosas mans. Unha aperta o Antonio e tamén as outras primas da foto.

http://www.sonowebs.com/categories.php?catid=487

Posted in Lembranzas dun neno | 3 Comments »