Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O PILOTO

Posted by pepe penas o Agosto 22, 2007

antonioprimo.jpg
Este é o Antonio cando era pequerrecho, os seus irmáns chamábanlle Piloto; despois sen saber por que nin por que non todos rematamos chámandolle do mismo xeito. Antonio tiña cara de rillote e era mais pillabán ca unha ducia de nenos xuntos. Dunha vez contoume unha historia de cando levara uns portugueses a miña casa, e de como polo camiño foise facendo amigo deles falándolle de xogadores coma Eusebio, Coluna e Torres; fálabame da súa tía María, a miña nai, fálabame do Patio de Madres, da calle do Hórreo; fíxome lembrar tantas cousas que tiven que escrivir o e-mail que él me mandara. Ollando este retrato coido que podía ser, sen dubida ningunha, o comandante dun avión de Ibería con algunha xente da sua tripulación; semella o xefe dun pelotón de soldados dando novidades ao seu superior; todos co seu xelado na man dereita, coma se fose o fusil, e todos cheos de fachenda. Verdadeiros profesionais, comedores de xelados, en perfecta formación. Quizais ningún deles se lembre, ou si, se era un xelado da Xixonenca ou da Ibense; o que si han de lembrar era o ben que sabían aqueles condenados. Eran tempos nos que había poucas cousas; ainda que tiveramos pouquiñas, cando tiñamos algo semellaba que tiñamo-lo mundo enteiro nas nosas mans. Unha aperta o Antonio e tamén as outras primas da foto.

http://www.sonowebs.com/categories.php?catid=487

3 Respostas to “O PILOTO”

  1. E despois da sesión fotográfica tiveron que devolver o xelado ou coméronno?
    Nestes días hai febre contaxiosa polas fotos antigas no blogomillo. Tamén eu vou ir ao baúl dos recordos un día destes. A minha nai Gloria xa gardou baixa candado as poucas que lle quedan pola casa. Sempre di que son un perigo, que alampo con todas.
    Unha aperta de júbia e un bico de berbiquí.

  2. maray said

    Só pelos tênis do Antonio dá pra saber o sapeca que ele deve ter sido. Por mais que se faça as crianças fazerem “pose” pra fotografia, os sapatos escangalhados denunciam….
    unha aperta!

  3. paideleo said

    Pois si que tiña pinta de traste o Piloto ese.

Deixar un comentario