Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

CONSERVANDO A FAUNA

Posted by pepe penas o Setembro 4, 2007

caza.jpg
LEY DA CAZA DO 16 DE MAIO DO 1902. Na sección septima, da caza de animais dañinos, di:

Artº 65. A caza de animais dañinos será libre, sempre que non se faga con armas de fogo no tempo da veda.

Artº 66. Quedan libre de todolos impostos os cans Foxterrier e Basset dedicados a caza de animais dañinos.

Artº 67. Os Gobernadores Civis non aprobarán os orzamentos dos concellos cando neles non se poña a cantidade asignada a recompensar os que matan animais dañinos, e que non será mais pequena ca do ano anterior.

Artº 69 As persoas que persigan e maten os animais que de seguido se poñen, terán dos Concellos as seguintes recompensas en pesetas

Por cada lobo 15
Por cada loba 20
Por cada lobiño 7,50
Por cada raposo 7,50
Por cada raposa 10
Por cada cria de raposo 3,75
Por cada garduña 3,75
Por cada gato do monte 3,75
Por cada lince 3,75
Por cada tourón 3,75
Por cada ave de rapina igual ou maior ca un miñato 4
Por cada ave de rapina mais pequena ca un miñato 2
Por cada pito de ave de rapina igual ou maior ca un miñato 2
Por cada pito de ave de rapina mais pequena ca un miñato 1

Para ter dereito a estas recompensas e preciso levar os animais mortos o Concello, onde lle cortarán o rabo e as orellas se fosan lobos ou raposos, a piel se fose un animal mais pequeno, e a cabeza e mailas patas se fosen aves de rapina. Esas partes mandaranse Os Gobiernos Civis para que sirvan os Concellos para xustificar as contas.
Coa nova lei de caza do ano 1970 xa non se daban premios por matar animais.

4 Respostas to “CONSERVANDO A FAUNA”

  1. O Raposo said

    Como cambiou a cousa: agora se matas a un xabarí que che desfixo a leira do millo, e mais a horta e mais as patacas, pódese caer o pelo.
    Cousas do progreso.

  2. susolista said

    O que ainda non cambiou, foi o de dar medallas por matar nenos, e mulleres, eso sí, non piden as patas nin os pescozos pra xustificalas.

  3. maray said

    no entanto, continuam a se dar medalhas aos soldados que matam nas guerras…

  4. Mi ma¡¡¡¡¡ o que se aprende voando por ahí. Menuda, visitarei o seu blog para aprender cousiñas interesantes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: