Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Outubro 2007

DIA DE PESCA

Posted by pepe penas o Outubro 22, 2007

PICA NAS FOTOS SE AS QUERES OLLAR MEIRANDES
Hoxe vai de paxaros; de neno paxaros eran todalas cousas que tiñan plumas, tiñan ás, e voaban . Sabialle o nome dalgúns, pero era moito mais doado dicir paxaros porque dese xeito todolos cristianos sabian de que falabas. O paxaro branco faime lembrar das garzas que teño ollado no rio Ulla, cando estiven en Ollares; eran meirandes ca da foto e non eran brancas. O que vedes na foto, e sempre o mesmo paxaro, coido que se chama garceta branca, como podes imaxinar anda a pillar peixes con ese peteiro tan longo que lle sae da cachola. Cando hai marea devalada camiña pola beira da auga e peixe que mira, peixe que pilla, e peixe que come. Tenlle moito medo a xente; se te albisca vota a voar e ponse onde coida que ti non lle chegas; despois volve o seu traballo que o de pillar peixes e comelos.
As duas ultimas fotos son doutro gran pescador, chamanlle cormorán; este paxaro e un bo mergullador, metese por debaixo da auga e non espera a que veñan os peixes, vai a buscalos onde están. Moitas veces vense voando a rente da auga, van tan preto dela que mesmo semella que se vai mollar; cando ve peixes, pousase coma se fora un avión e mergullase coma se fora un submarino. Despois de rematar a xornada de pesca tense que enxugar; a este paxaro pasalle coma min cando imos de pesca: mollamonos os dous; eu non teño traxe de augas…él non ten plumas impermeables.
———————-
Atopei unha Web que lle pon son os posts qe escribimos. Ten o nome de Sonowebs e fixo un plugin, ainda está en fase Beta, que fai que todolos los post que escribimos poidan ser ouvidos. E unha magoa que WordPress.com non deixe subir plugins. De todos los xeitos hai unha opcion que deixa facer un arquivo de audio. Para probalo somentes tes que poñer unha ligazón e xa o podes escoitar.
Se queres ouvir este post pica aqui

Posted in Cousas da terra | Etiquetado: , , , | 8 Comments »

VAI OU VEN ?

Posted by pepe penas o Outubro 12, 2007

trenpte.jpg
Vendo este retrato lembreime do meu amigo Antonio, un andaluz de Canillas del Aceituno; fomos colegas nunha pousada que lle chamaban a Casa da Troia, o nome non sei se lle viña porque había xente de todolos los xeitos ou de todolos sitios. Antonio non era quen de falar o galego, con moito traballo aprendeu a dicir:¡ mamae: ahi ven lo trén, mira como bota lo fume!. Cando quería presumir de falar coma nos sempre botaba por diante o que tanto lle custara aprender.
Unha cousa que lle estrañaba moito era que os galegos fixeramos unha pregunta para responder a outra. Amigo Antonio: se ti me preguntaras se o trén deste retrato vai ou ven; non teñas dubida, eu iache dicir: ¿por qué me preguntas Antonio?…¿será porque este trén e igual por diante ca por detrás?…¿Non será porque este trén non bota lo fume?…Cando botaban lo fume eran outros tempos…agora se están parados tes que estar dentro deles para saber se van ou veñen…

 

Posted in As fotos falan | 6 Comments »

FALABARATO

Posted by pepe penas o Outubro 3, 2007

Falar diante de moita xente, ou de pouca, e unha cousa que hai que aprender; hai quen ten moita facilidade e hai a quen lle custa moitisimo traballo. Eu non son ningún experto no asunto; non son quen para aconsellarche o que tes que facer; cada un é quen é. Tes que saber se queres que che chamen “falabarato” ou que digan de ti quen es unha persoa que da o xenio escoitala. O sistema “falabarato” chegou as miñas mans do xeito que chegan esas cousas que ninguén sabe quen foi o que as escribeu; probeino na miña casa; ¿qué tal?…pois igualiño igualiño coma cando me poño eu só lendo e o gravo…¿diagnóstico?…¡un falabarato!.
O outro sistema nono ensaei nunca; quizais dea resultado. Do que case estou seguro e de que cando sintas falar alguén, de seguida te decatarás pola enciclopedia que estudiou.

Posted in Babecadas | Etiquetado: | 10 Comments »