Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 12 Outubro 2007

VAI OU VEN ?

Posted by pepe penas o Outubro 12, 2007

trenpte.jpg
Vendo este retrato lembreime do meu amigo Antonio, un andaluz de Canillas del Aceituno; fomos colegas nunha pousada que lle chamaban a Casa da Troia, o nome non sei se lle viña porque había xente de todolos los xeitos ou de todolos sitios. Antonio non era quen de falar o galego, con moito traballo aprendeu a dicir:¡ mamae: ahi ven lo trén, mira como bota lo fume!. Cando quería presumir de falar coma nos sempre botaba por diante o que tanto lle custara aprender.
Unha cousa que lle estrañaba moito era que os galegos fixeramos unha pregunta para responder a outra. Amigo Antonio: se ti me preguntaras se o trén deste retrato vai ou ven; non teñas dubida, eu iache dicir: ¿por qué me preguntas Antonio?…¿será porque este trén e igual por diante ca por detrás?…¿Non será porque este trén non bota lo fume?…Cando botaban lo fume eran outros tempos…agora se están parados tes que estar dentro deles para saber se van ou veñen…

 

Posted in As fotos falan | 6 Comments »