Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

VAI OU VEN ?

Posted by pepe penas o Outubro 12, 2007

trenpte.jpg
Vendo este retrato lembreime do meu amigo Antonio, un andaluz de Canillas del Aceituno; fomos colegas nunha pousada que lle chamaban a Casa da Troia, o nome non sei se lle viña porque había xente de todolos los xeitos ou de todolos sitios. Antonio non era quen de falar o galego, con moito traballo aprendeu a dicir:¡ mamae: ahi ven lo trén, mira como bota lo fume!. Cando quería presumir de falar coma nos sempre botaba por diante o que tanto lle custara aprender.
Unha cousa que lle estrañaba moito era que os galegos fixeramos unha pregunta para responder a outra. Amigo Antonio: se ti me preguntaras se o trén deste retrato vai ou ven; non teñas dubida, eu iache dicir: ¿por qué me preguntas Antonio?…¿será porque este trén e igual por diante ca por detrás?…¿Non será porque este trén non bota lo fume?…Cando botaban lo fume eran outros tempos…agora se están parados tes que estar dentro deles para saber se van ou veñen…

 

6 Respostas to “VAI OU VEN ?”

  1. Sole said

    Desde que vivo en Galicia me he ido acostumbrando a una serie de cosas que caracterizan a los gallegos.Pero con la que aun me ponía nerviosa era con la pregunta como respuesta,hasta que hace unos días hablando con un amigo,con Quico Cadaval,sin darme cuenta contesté a todas sus preguntas con otra,tanto que con su acento de Ribeira me espetó:-Neg(j)ra,non me sexas galega!

    Has visto el anuncio de Gadis sobre los gallegos? La parte que dice que aqui se inventó la pregunta total?
    Periodista gallego-Fran,¿qué?
    Jugador gallego (frente al estupor de los de fuera-¿Qué de qué?

    Te aviso que La Caja se ha mudado,la dirección es
    http://www.soledadfelloza.com/la-caja

    Unha aperta

  2. Meu, ista é unha característica dos galegos inconfundible, como a voto de menos, so poder falar o que é falar en galego cando chamo por telefono. Pero tamés che teño que dicir que o da preguntiña, ainda que teña que falar castelán non se me vai esquencer

  3. Apátrida said

    Dende logo, si o tren eo AVE, a resposta e ben fácil: Nin sube nin Baixa, está parado no Tunel do tempo. Nunha estación camada Talante Zapatero-Touriño , como antes na estación Hilillos de Plastelina de Aznar_Rajoi.
    Unha aperta

  4. elfiña soñadora said

    Non hai como facer preguntas tal como se foren respostas, eche o que ten a labia galega. Ao igual que cando un galego fala en castelán, como se mosquee, solta as maiores barbaries en galego… kiños

  5. O Raposo said

    É unha das nosas señas de identidade. Hai que mantela.

  6. vermella said

    Esta é outra das nosas señas de identidade,olvidarónse desto os creativos de GADIS!!.
    saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: