Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

TODOS PARA UNS POUCOS

Posted by pepe penas o Febreiro 20, 2008

autobus.jpg
Fai unha tempada que non andaba pola Costa dos Arrieiros; agora que non teño que traballar quixen facer a proba de erguerme pola mañán, non tiña por que ser moi cedo, e andar o son do corpo; andiven e andiven, e o certo e que non cheguei a ningures; botei de conta que tiña que cambiar de vida; metinme en Internet, e sen saber como comezei a buscar nomes de peliculas, atopei unha que me lembraba a Conan el Barbaro; pero non se chamaba dese xeito, o seu nome e CANON EL BARBARO.
Dende que a mirei semella que me atopo moito mellor; xa ia sendo hora de que alguen lle botara unha man a ese xentiña que fai cantigas, peliculas, e outras moitas cousas que non sabemos facer os que non somos artistas. !Pobriños¡…bueno pobriños non, que sorte tiveron que aparecera un manicho que lles fixo a promesa de castigar a todos os españois por piratas; polo visto deron na teima de roubarlle a musica que fixeron co suor da sua frente. Non esteades tristes, dixolles o pai do canon, de agora en diante en vez de vivir do suor da vosa frente, ides vivir co suor dos de enfrente. Doutra banda por mor de que hai demasiados españois que len libros, disque lle van meter tamen un canon as bibliotecas; a xente cando comeza a saber cousas faise perigosa. Xa abonda con que lean os ricos, os pobres hai que cobrarlle para que lle pase a gana de ler; hai que fodelos que para eso naceron pobres…o dia que a merda valga cartos, non faltará quen dea orden de que os pobres nazan sen cú.

6 Respostas to “TODOS PARA UNS POUCOS”

  1. paideleo said

    Benvido !. Tanto tempo sen apareceres !.
    O cánon nas bibliotecas paréceme surrealista de todo.
    Enfin, cousas que pasan…

  2. Ya me preguntaba qué era de tu vida, Pepe!… Espero que no tengas que abonar un canon por gestionar Costa dos Arrieiros.

    Se te extrañaba…

  3. O Raposo said

    Un canon para os libros tamén,mi madriña!

  4. Sole said

    Quienes trabajamos en bibliotecas llevamos mas de dos años denunciando la situación, presentamos 2 millones de firmas y nada. Es tal la impotencia que ya no sabemos que mas hacer.
    Será una barrera franqueable por pocos, que alejará cada vez mas a la gente trabajadora de la posibilidad de leer. Esperemos que eso también nos deje sordos y asi tal vez dejemos de escuchar y leer como nos toman el pelo.
    Un abrazo

  5. maray said

    Feliz retorno! E me faz mais feliz também!!

  6. Paco Penas said

    Do que me dei conta é de que vivir e caro, morrer tamén…en menudo lío nos metimos ¡manda carallo!
    Esta claro que as cousas de balde tampouco sabemos aprecialas.
    Unha aperta Pepe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: