Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A MENIÑA DA LEITEIRA

Posted by pepe penas o Marzo 11, 2008

Esa noite botoulle de comer ao galo e colleu o reloxo; non vaia ser o demo que non esperte, dixo cando estaba poñendo a agulla pequena nas sete e a grande nas doce. Deitouse canda as galiñas e estivo un bo anaco cavilando que ia facer co leite; faria coma a outra leiteira: ia comprar huevos cos cartos do leite; despois ia vender os polos que tivera dos huevos, ia comprar unha porca preñada e cando lle vendera os ranchos ia comprar unha cuxa; ia ter na casa ata que fora grande e despois ialle vender os cuxos. Ia facer unha morea de cartos e asi podería casar co Manuel, que era o que a ela lle gustaba. Non quería ter tantos fillos e fillas como tivera a súa compañeira; a ela chegaballe con unha filla ;quería ter unha nena. Unha noite estivera vendo a televisión na casa dunha veciña e gustoulle o que dicía aquel home das barbas; ainda que falaba castelán ela soubo o que dicía, para algo fora a escola; estaba moi leda, ela podía ter esa nena; nacería en Galicia, pero Galicia tamén era España mecagonodemo; ela mais o Manuel tiñan traballo, levabanse ven cos veciños, ian a misa e eran amigos do cura; a sua filliña ia estudiar o inglés e asi podería ir aos EEUU para mecarlle as veigas o irmán do seu pai. Foi polo camiño con coidadiño de non bater contras as pedras, non quería que lle caera o leite e os seus soños ficaran espallados polo camiño. Chegou a escola, nunha man o carné e na outra dous sobres; non lle dixo a ninguén a quen ia votar; non quitou os ollos do mozo que lle colleu os sobres, tiña medo que nonos metera na furna. Marchou para a súa casa, fixo todalas labores que lle faltaban e `pola noite foi a casa da súa veciña; tiña medo de que non gañaran os seus, e mismamente viñanlle as bagoas os ollos cando falaban os da televisión. Cando rematou todo, dixolle adeus a veciña; ainda ben non puxo un pe fora da porta comezou a chorar e a cavilar se fixera ben non quererendo ser coma a leiteira do conto, aquela tivera moitos fillos e cando quedou sen o leite axudaronlle a traballar.Pero ela, agora ¿que ia facer?…o home das barbas fora o que falara da meniña, pero o outro…o outro non dixo nada de nada; ese que gañou ¿quererá que teñamos traballo?, ¿quererá que a nosa filla fale inglés?… Meteuse na cama e estivo un bo anaco cismando: mañán cando vaia vender o leite baterei de fuciños cun bo pelouro, o leite vai para o carallo e xa que non poido ter a filla polo menos poderei cobrar o paro.

4 Respostas to “A MENIÑA DA LEITEIRA”

  1. maray said

    entendo a tua preocupação com as eleições. Mas se a gente põe, e pode por errado às vezes, a gente também pode tirar. O que não pode é abrir mão dos sonhos.
    Unha aperta!

  2. paideleo said

    Seguro que vai millor que cos outros.

  3. Estou pensando en desconectar dos xornais, da radio, da caixa tonta, seleccionar os canles da internet e pagar un asesor para que me leve conta dos impostos, pois non quero ir a cárcel pero teño moitas ganas de ser feliz, de sentirme libre desta puta sociedade organizada onde máis que un nome parece que todos temos un número… xa son máis os compromisos e obrigas contraidos que o que che dan a cambio, xa somos un rebaño ben apañado…
    Bueno, xa teño que ir a traballar,nesta sociedade o que fai falta é xente que traballe e non pense.
    Ata outra meu.

  4. waltinho said

    Inda que sexa tarde nunca será de abondo tarde se a dita é boa, un agarimoso saúdo dende Cangas, para que o 2009 segamos no blogomillo. Os meus maiores desexos para ti perante este 2009.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: