Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

ALI-VEN TEU-PAI

Posted by pepe penas o Abril 23, 2008

Sendo neno lémbrome que no bacheralato sempre houbo que estudiar unha lingoa estranxeira, aló polos anos cincoenta era o alemán; un chisco mais adiante tiñamolo francés,se nono querias podías escoller o inglés. Como xa non había mais onde elexir, nós falabamos otras lingoas o noso xeito. Para dicir en xaponés: asalo peixe; diciamos:CHAMUSKA LA PESKA. Se queriamos dicir en ruso: Ninguén na taberna, era moi doado dicir: NIN KISKE NA TASKA. Por saber ata sabiamos algo de árabe; para dicir: tira o cigarro, había que dicir: ALI VEN TEU PAI.
Houbo uns tempos en que fumar disque era de homes, e como os rapaces queriamos ser grandes andabamos polo medio das mozas botando fume coma se foramos burreas; e os ollos ben abertos non fora o demo que viñera algún inimigo. Cando sentiamos dicir: ALI VEN TEU PAI, todos sabiamos que había que meter a man no primeiro peto que atoparas baleiro, tendo tino de non queimar nen a man, nen o pantalón, nen a chaqueta.
O meu tio Rodrigo foi un fumador incorrixible, sempre dicía que non fumaba; e o certo e que non era doado pillalo botando fume. Dunha vez tivo que mandar que lle coseran un peto da chaqueta. Cando lla deron, unha vez arranxada, preguntaronnle como fixera para queimala; nese intre decatouse que o pillaran; pero como era un home de recursos dixo: Queres ver que o outro día cando acendín a cociña que me leve o demo se non caeu o misto acendido dentro.
Quizais o meu tio soubera árabe , poida que aprendera de nós; quizais nos virá algunha vez agachando o cigarro a voz de: ALI VEN TEU PAI..

5 Respostas to “ALI-VEN TEU-PAI”

  1. Manuel Busto said

    Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Para máis información:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

  2. Polomenos daquelas non lle pedíamos tabaco ao noso pai… non facíamos como fan agora que che piden tabaco , lume e un pitillo para despois.
    Apertas longas, de adibal.

  3. maray said

    eu fumava no banheiro. Desde os 12 anos. Ligava o chuveiro e despejava tudo que de perfumado houvesse no ar. Talco, desodorante, lavanda pós barba. Resultado, o ar ficava enfumaçado e cheirando a loja de perfume. E eu ainda achava que ninguém percebia…
    Bom, pelo menos tomei juizo e parei de fumar aos ….50!
    unha aperta!

  4. Non paro de reir, Pepe. Fai moitos anos, nunha festa de casamento queimei o peto da chaqueta dun traxe. O meu pai, con ironía, preguntoume que estaba cociñando aí dentro.

    Unha aperta!

  5. Nominada na Resaca das Letras 08 e eu sen sabelo ata o ultimo momento, son cousas que pasan.
    Mira no meu blogue que che conto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: