Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Maio 2008

OS ESTALOTES

Posted by pepe penas o Maio 27, 2008

Plas, plas, plas plas, plas…
Chamabanlle estalotes e estoupaban que nindiola; o outro día batín con eles a beira dun camiño, de supeto lembreime, cando era un neno de Dorvisou, dos días que ia coas vacas a Granxa do Rio. Estalote que pillaba, estalote que facía estoupar; mais dunha vez, e de duas ou tres tamén, as vacas en vez de comer herba comían os repolos que había na beira do prado. A Cachorra, a Gallarda, a Xuvenca, a Marela, ou outra calquera da que xa non me lembro do nombre ainda que queira, de seguro que desexaban que o Pepiño andara a estourar nos estalotes; a elas os repolos tamen lle sabían que nindiola. O que nunca souben, ata hoxe, e a morea de nomes que teñen na Nosa Terra. Tantos, tantos son; que como diría a miña avoa: ¡Dios che nos colla confesados se tiveramos que dicilos todos cada vez que atoparamos un!

Posted in Lembranzas dun neno | 6 Comments »