OS ESTALOTES
Posted by pepe penas o Maio 27, 2008

Plas, plas, plas plas, plas…
Chamabanlle estalotes e estoupaban que nindiola; o outro día batín con eles a beira dun camiño, de supeto lembreime, cando era un neno de Dorvisou, dos días que ia coas vacas a Granxa do Rio. Estalote que pillaba, estalote que facía estoupar; mais dunha vez, e de duas ou tres tamén, as vacas en vez de comer herba comían os repolos que había na beira do prado. A Cachorra, a Gallarda, a Xuvenca, a Marela, ou outra calquera da que xa non me lembro do nombre ainda que queira, de seguro que desexaban que o Pepiño andara a estourar nos estalotes; a elas os repolos tamen lle sabían que nindiola. O que nunca souben, ata hoxe, e a morea de nomes que teñen na Nosa Terra. Tantos, tantos son; que como diría a miña avoa: ¡Dios che nos colla confesados se tiveramos que dicilos todos cada vez que atoparamos un!

Paco Penas said
Nada máis nen nada menos que cento vinte nomes…
Coido que quitando o problema de Rajoy no PP, en poucas cousas se poden dar esa variedade de sinónimos 🙂
Menos mal que non tíñamos que memorizalos naquela escola mixta de Dorvisou, xa nos chegaba cos ríos, afluentes e capitais, non si?
Unha aperta, meu amigo.
Ah, do 23 ata o 15 andarei pola chousa vella e pola moura, jeje
Walter said
Xa facía que non che escribía. E volto e volvo a ilusionarme con este fotorreportaxe.
Saúdos!
O Raposo said
Na miña aldea, en Sober, chamámoslle croques.
Saúdos.
paideleo said
Por Arbo chámanlle troques.
O Leo ri co ruido deles cando os estoupo.
Paco Penas said
Dez días para esbourar no noso “berce”, un estalote de alegría…jeje
Desta invito eu, pero xa sabes onde…
Bicos e apertas.
fitofaladoiro said
Pois si, hai moitísimos nomes para esta planta e para moitas outras, pero tamén é interesante saber en que partes de Galicia se emprega cada nome.
Iso estámolo tentamos facer no proxecto Fitofaladoiro, así que se non vos importa aproveitaremos os vosos datos (e se tedes outros sobre esta ou outras plantas, benvidos serán!!).
Graciñas e un saúdo.
http://fitofaladoiro.eu
http://fb.com/fitofaladoiro
http://twitter.com/fitofaladoiro