O HOME DO SACO
Posted by pepe penas o Setembro 11, 2008
Lembro cando era neno o medo que me metián no corpo o dicirme que se non era ben guiado viña O Vello, ou Home do Saco ou o lobo e escapaban conmigo…me cago en diola; todos eran o mesmo: vellos , mozos, vellas e mozas, todos, todos, todos tiñan gana de facer chorar aos nenos. Eu o Vello non lle tiña moito medo, meus bisavós eran vellos e xamais andaron a roubar rapaces. O lobo tampouco, os meirandes dicían que o que lle gustaba eran as ovellas; xa que na nosa casa había algunhas, cando viñera somentes tiña que dicirlle onde estaban e que fora comendo namentras eu fuxía; daquela nas aldeas, como non había onde comprar contos, non sabía o que lle pasara a Caperuchiña Vermella. O Home do Saco era o que facía que eu fora ben guiado. Eu cavilaba e cavilaba do xeito que farían para chamalo, cheguei a pensar que de seguro que lle mandaban aviso polo coche de linea. Fun medrando e esquecin o lambón do Home do Saco; pero vaites que antonte atopei nunha rúa de Pontevedra un letreiro onde poñia o telefonol;¡carallo!, dixen para min, como agora hai moitos mais rapaces puxo o negocio o día…pero o moi cabrón, para que os nenos non saiban que os leva, dí que traballa no reciclaxe…
maray said
eu tentava ser “boa menina” sob ameaças de ser posta em colégio interno. Era a grande ameaça da época. Imagina só como deviam ser esses colégios…O homem do saco, a bruxa, o bicho papão eram coisas de nenezinha. Aí eu – ainda- era boa menina, nem precisavam me meter medo…
unha aperta!
samufon said
Pois si que lle medrou o negocio, empezou recollendo rapaces nun saco e agora ten tanta demanda que precisa de contedores para levalos, senon non da feito, pa que digan que hai crise, o negocio vento en popa, ¿será polo sistema educativo e malos pais que fai xeracións de malcriados?
O Raposo said
Os tempos cambian unha barbaridade.
Paco Penas de Dorvisou said
Agora os rapaces que non se portan ben levaos Rajoy 🙂
Mira Pepe, eu sempre digo que son feito de medos, se lle tocabas a unha rapaza cortábanche o pito, se decías palabrotas cortábanche a lingua, se non comías todo (que sempre era pouco) non te deixaban levantalo cú…
E agora non hai quen lle tusa, se te descoidas aínda che meten medo a ti cos monecos do terror cos que xogan.
Apertas e bicos, paisano.