Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for the ‘Atopando blogomillos’ Category

QUE VIDA…

Posted by pepe penas o Outubro 11, 2005

porco.jpg
Xa facía tempo que non atopaba blogomillos agochados nos retratos; hoxe comecei a ollar o arquivo de fotos, desas que cando as fas non sabes para que,  e de supeto decateime que hai un bon amigo que anda pola Rede  que ten unha páxina que lle chaman: QUE VIDA DE PORQUIÑO. Eu non sei se tiven un soño ou as neuronas frouxas…polo visto ouvinlle dicir a non sei quen, nin onde, nin cando; que se enterras un porco o pé dun limoeiro vai subindo …subindo…ata que que bota a cachola…
Advertisements

Posted in Atopando blogomillos | 6 Comments »

O RUXERRUXE

Posted by pepe penas o Outubro 30, 2004

tertulialibros.jpg
Hoxe estivo un dia de moita chuvia, tanta..tanta.. que se cerras os ollos para sentir como petan as pingas nos cristais, en vez de espertar co barullo que fan, comezas a escoitar as pegadas do Pedro Chosco ( persoaxe do que se dicia que facía durmir os nenos ), estarricas as pernas, ergueste e deixas que o corpo vaia detrás delas, porque xa sabes ,por outras veces, que a viaxe acaba no leito. Mais cando comezei a percorrer o camiño que ia para o auditorio da chuvia ouvin un ruxerruxe que saía de onde  estaban os libros…achegueime con moito coidadiño e puiden ollar estes catro  que estaban a falar entre eles e non deixaban dormir os outros. A cousa ia camiño de rematar nunha liorta entre todos eles; quiteinos de onde estaban e puxenos xuntos encima dun sofá, coidei que conviña telos de ollo… quiteille un retrato coma fai a policia cos delincuentes …, e cando rematei, boteille unha ollada para que non me esqueceran as faces dos barulleiros…¿e sabedes que pasou?…atopei un Blogomillo: LA TERTULIA DE LOS LIBROS

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

CAN NUGALLAN

Posted by pepe penas o Outubro 29, 2004

perrodescanso.jpg
Dende que me dedico a cazar Blogomillos estou atopando nomes de todolos xeitos..case sempre que ollo un nome venme o sentido algo que ten que ver con él; xa collín a costume de imaxinar un retrato..comezo a ollar os que teño gardados e de seguida atopo o que ten o nome agochado en algún recuncho. Non pode ser cousa do demo…eu sigo a cavilar que son os trasnos…son tan rillotes que se esmendrellan coa risa cando non os damos atopado. Este retrato e do meu amigo ROI…o velo con esta pinta de nugallán lembreime do nome que andaba procurando: EL PERRO CANSADO

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

O CORREDOR

Posted by pepe penas o Outubro 22, 2004

corredor.jpg
Cando miraba este retrato semellaba non estar cheo, a ponte víase moi baleira; en algures tiña que estar algo que acó non estaba. Antonte ia paseniño por unha rúa cando de súpeto atopeime con un deportista, que estaba ensaiando no escaparate dunha tenda, collín o aparello de retratar…e díxenlle: mira para min que vai sair o paxariño; foi ben guiado..mirou e quedou metido dentro da máquina; o chegar a casa convideino a sair e dar un paseo pola ponte; andivo para diante e para tras lo menos unha ducia de veces. Como xa viña canso de ensaiar na tenda, parouse un pouco e entón dixenlle que se lle gustaba o sitio podía quedar…moveu a cabeza dicindo que si…e velaquí que me veu o sentido un  blogomillo que se chama LA SOLEDAD DEL CORREDOR DE FONDO.

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

ATOPEI SEIS

Posted by pepe penas o Outubro 13, 2004

Os blogomillos agochanos os trasnos

el ojo de la cerradura

cerradura.jpg

manda huevos

huevos.jpg

un extintor bajo el agua

extintor.jpg

las flores del insomnio

florinsomnio.jpg

cisne negro

cisnegro.jpg

la caja de los hilos

hilos.jpg

Onte non tiven traballo, foi día de festa, e remexendo nos retratos que teño atopei estes seis blogomillos. Mirade ven as fotos que teñades nas vosas casas.. os trasnos agochan os nomes dos blogomillos nelas…

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

MENSAXE

Posted by pepe penas o Outubro 12, 2004

botellamensa.jpg
Mira que tiven tempo este retrato diante dos meus ollos..somentes via unha botella agochada entre a herba… pero fixeime un pouquiño mais… e pillei outro blogomillo: MENSAJE EN UNA BOTELLA

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

SOCIEDAD PAJARIL

Posted by pepe penas o Outubro 9, 2004

pajaril_2.jpg
Dende fai unhos días estou a ver cousas moi estrañas, non sei se será cousa dos trasnos..pero cada vez que me poño a ollar unha foto mesmo semella que ando a caza de blogomillos; nesta coido que atopei a SOCIEDAD PAJARIL LA AURORA

Posted in Atopando blogomillos | 3 Comments »

O ARCO DA VELLA

Posted by pepe penas o Outubro 8, 2004

dama_9.jpg
O arco iris tamén se coñece polo nome do arco da vella. Cando fixen esta foto non topei nada nela que me que me fixera lembrar algo especial, somentes vÍn o arco agochado trás dos tirantes da ponte. Pero dende que ando metido nesto dos blogs, vexo cousas que antes non vía. A ponte non e unha ponte coma eu pensaba: e unha arpa xigante; disque foi feita baseándose nunhos planos que  trouxo Teucro,cando fundou Pontevedra segundo conta a lenda; foran feitos na Atlántida, onde tódalas cousas eran tan grandes coma as xentes que alí vivían. O arco que se ve trás das cordas da arpa eu coido que e Dama del Arco, que de cando en vez da unha volta polo ceo e ven a aprender a tocar a arpa…ou a dar un concerto….porque.. vai ti saber….¿dixonos alguén que non soubera música?

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »