Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for the ‘Babecadas’ Category

AGARDANDO POLO CANSADO

Posted by pepe penas o Novembro 30, 2005

cadeira01.jpg
Hai un refrán castelán que dí: el que fué a Sevilla perdió la silla; nin estamos en Sevilla nin a isto lle chamamos silla….estamos preto de Lalín e o que aqui se ve e unha cadeira; se a deixaramos falar ben seguro que diría: O meu nome e cadeira, e estou aquí para que se sente o que queira…

Posted in Babecadas | 16 Comments »

COUSAS DO LIXO

Posted by pepe penas o Outubro 1, 2005

limpapraia.jpg
AMARELO.-Se custara cartos emporcallar as praias iamos ficar sen traballo
VERDE.-Pois daquela e mellor que siga sendo de balde

Posted in Babecadas | 5 Comments »

¿QUE DIN OS APELIDOS?

Posted by pepe penas o Setembro 15, 2005

Hai apelidos e nomes que non din nada, son unhas letras detrás doutras, só sirven para coñecer quen é o dono delas…..Pero hai otros nomes e apelidos que se lle fas unha pregunta poida que te fagan cavilar.
Joaquin…..¿es Cortés?
Rafael…..¿es Amargo?
Julio……¿es Iglesias?
Rocío…..¿es Jurado?
Pedro…..¿era Infante?
Marcelino…..¿es Oreja?
Isabel…..¿es Tocino?
Angel…..¿es Cristo?
Mario…..¿es Conde?
Francisco…..¿era Franco?
José…..¿es Sacristán?
Fernando…..¿era Rey?
Pepe…..¿es Sancho?
Celia…..¿era Cruz?
Tito…..¿era Puente?
Chabuca…..¿es Grande?

Posted in Babecadas | 3 Comments »

A MOSCA DO SONO

Posted by pepe penas o Xullo 27, 2005

Hai dos castes principais da mosca do sono: unha é mosca tse-tse,  vive nunha zona de Africa,  ven sendo a que ten a culpa de que ande por ai a enfermidade do mesmo nome. Hai outra, tamén moi coñecida, que nas cidades chamanlle "mosca cojonera", porque te molesta cuando intentas dormir la siesta; nas moscasono.jpgaldeas chamanlle: "fodesestas", porque venche a foder cando , dempois dun bo xantar, tentas cerrar os ollos e esquecer o traballo;  polo visto ter que traballar non é das mellores cousas que hai neste mundo;  teño un amigo que di:  chacho, mira se o traballo será cousa mala que  ata pagan por facelo. Seguindo coa "fodesetas", segundo os entendidos, comeza picandoche no nariz; en canto a sintes zoupaslle unha labazada, e cagaste na nai que a pariu…en vez de pegarlle a puta da mosca, arreaches un lapote nas tuas ventas que case te esnafras.. ela segue coa sua táctica e picache en canto sitio hai; ti que estás cabreado e queres durmir segues a dar golpes no teu corpo; acabas tan fodido que xa non che queda nin folgo…non tes mais remedio ca poñerte a traballar, eso si, coidando que xa que é  cousa mala vanche pagar por facelo;  pero o carallo e cando es  autónomo: tes que pagar ti a ti mesmo. Esta "fodesestas" non pode ser cousa boa de ningún xeito:  non che deixa durmir, obrigache a traballar, e por riba ainda tes que pagar por algo que  é malo facer…..porque non esquezas….dixemos que ti eras autónomo…¿ou non?…

Posted in Babecadas | Leave a Comment »

OVOS

Posted by pepe penas o Xullo 25, 2005

mandahuevos.jpg
Unha vez houbo un home que tivo unha xuntanza cunha morea de representantes do pobo….él era o que facía de xefe…era o que mandaba calar os que non falaban como era debido…algúns deles teñan a teima de levarlle a contra.
Un día alporizouse….coidando que ninguén estaba escoitando dixo : ¡ MANDA HUEVOS !. Todos oubiron…entenderon que pedía ovos; ata os que él mandaba calar vironse na obriga de darlle axuda. Os políticos berran uns cos outros, pero a solidaridade e antes ca ningunha outra cousa.

Posted in Babecadas | Leave a Comment »

HISTORIA CON RUEDAS

Posted by pepe penas o Febreiro 19, 2005

Las marcas de coches solo son palabras pero mezcladas con otras pueden formar historias. Ved lo que ocurre con: SEAT TOLEDO, SEAT CORDOBA, SEAT IBIZA, FERRARI TESTAROSSA, VOLVO Y MITSUBISHI MONTERO.
SEAT TOLEDO, SEAT CORDOBA o SEAT IBIZA, cuaquleira de easts cidudaes pduee ser elgdeia por la setñoira MERCEDES BENZ praa difstruar uans vanacoices; ni tneie prais ni le imptroa deamdasio que eoss acbaen sidneo o no sus ptunos de detsino; hadbalno con su amgio FERRARI TESTAROSSA le djio: te lo VOLVO a reptier, si se direa la casuliadad de que no SEAT TOLEDO, ni SEAT CORDOBA, ni SEAT IBIZA, lo tnego muy carlo, halbaré con mi amgio MITSUBISHI MONTERO ya que dodne te llvee él no llgea naide.
MITSUBISHI MONTERO tadró vaoirs dais en apearcer…MERCEDES BENZ se qudeó muy trsite y sin vijae….MITSUBISHI MONTERO ya veina de dodne no llgea naide..
No te ha costado mucho trabajo leerlo..¿verdad?; según el estudio de una universidad inglesa, no importa el orden en que están escritas las letras, lo importante es que la primera y la última estén en el sitio correcto. Si me lo cuentan no me lo creo…pero acabo de verlo con mis propios ojos.

Posted in Babecadas | Leave a Comment »

PERDER

Posted by pepe penas o Febreiro 16, 2005

Para non erguerse tarde a mellor cousa e non deitarse.
Se non me deitara onte hoxe non me tiña que erguer e tampouco tería nada que perder.

Hoxe erguinme tarde e perdín o costume de madrugar.

Pola culpa de non madrugar perdín o autobús.

Cando perdín o autobús tamén perdín a pacencia.

Cando perdín a pacencia rematei perdendo os nervios.

O perder os nervios perdín o sentido.

O perder o sentido non me lembrei que tiña que ir a traballar.

Por non ir a traballar perdín o emprego.

Tiven un mal día…rematei tan esgotado que me deitei a dormir…xa estaba canso de tanto perder…cando atopei con Pedro Chosco, persoaxe que polo visto aparece cando os nenos teñen sono, levei un gran ledicia: atopei unha cousa que non ia a perder: ¡¡non ia a perder o sono!!…pero como non hai ben que por mal non veña…tiven a derradeira perda do día: estaba a perder a opurtunidade de estar esperto….quixen abrir os ollos…pero Pedro Chosco baixoume as pálpebras e púxolle esparadrapo para que non os abrira. O día seguinte erguínme cedo….mal comezo o día, dixen para mín, non é o meu día de sorte: perdín a oportunidade de erguerme tarde….

Posted in Babecadas | Leave a Comment »

AS MENCIÑAS

Posted by pepe penas o Febreiro 7, 2005

Atopei un papel no que tiña escritos esta morea de menciñas: HUMINASAL, ZARATOR, DABONAL, FLATORIL, NATECAL, DOLO-VOLTAREN, DISTENSAN, CALMATEL, FRENADOL, THROMBOCID FORTE, DOLALGIAL, SILVEDERMA, BETADINE, TRANKIZAMIN, DICORA, BEXIDERMIL, DIPROGENTA, LIPEMOL, REFLEX, ESBERISVEN, MYCOSTATIN, RHINOCORT E ALCABEL
Xa que me ia levar moito tempo saber para que enfermidade era cada un deles, coidei que era mais doado metelos todos nunha bolsa, sacar un a un, e ir dicindo babecadas.
HUMINASAL de ZARATOR pideulle un DABONAL a FLATORIL de NATECAL; pola mañán cedo erguerase con un DOLO-VOLTAREN de cabeza moi forte, era tanta a DISTENSAN que tiña que malia o CALMATEL mailo FRENADOL, que lle mandara tomar o Dr. THROMBOCID FORTE, seguia tendo un forte DOLALGIAL; súa amiga SILVEDERMIA de BETADINE recetoulle un TRANKIZAMIN; tamén probou a tomar DICORA de BEXIDERMIL, que lle mandara mercar a súa curmá DIPROGENTA. Notou tal melloría que ata foi quen de ir a perruquería a que lle fixeran un LIPEMOL e lle puxeran  unhos REFLEX no pelo….para celebrar a súa curación chamou os seus amigos ESBERISVEN e MYCOSTATIN e xuntos tiveron unha CELEBREX no restaurante RHINOCORT de ALCABEL. Esta vez foron nun taxi…dende que puxeran o carné por puntos era mellor non tentar a sorte…

Posted in Babecadas | 2 Comments »

CANDO NON HAI SENTIDO

Posted by pepe penas o Outubro 4, 2004

Cadaquén pode ollar o lle pete. Eu ollo isto

esperando polo amo

esperando.jpg

repouso merecido

descanso.jpg

facendo mofa

lengua.jpg

coitelada trapeira

cuchillada.jpg

mi caaassaaa

micasa.jpg

nin bebas nin guies

sibebes.jpg

asi curouse unha crise-ver de lonxe

crisis.jpg

dentro dun anaco dou a luz

luz.jpg

no de ferro

nudo.jpg

rianxeira

rianxeira.jpg

Posted in Babecadas | Leave a Comment »