Non me lembro cando foi a primeria vez que oubin o conto do
flautista de Hamelin; o que non podo esquezer e que foi alguén do que se pode dicir que endexamais podería ser meu amigo, nono podería ser semellante monstruo que rouba os rapaciños dunha aldea porque os veciños e mailo o alcalde non lle quixeron pagar o que prometeran por matalos ratos. Fun medrando, e do devandito conto case se pode dicir que me esquecin; pero velai, agora que xa vou camiño de avó, veume o sentido a historia; vexo este conto nuns tempos mais modernos e moi lonxe de cando pasou, coido que quizais o tal musico de Hamelin non fora un calquera, quizais fora da
SGAE; cando ensinou a factura, para cobrar polo seu traballo, ocorreuselle meter unha morea de cousas que a xente non comprendía; polo visto quería que pagarán
polas cantigas que asubiaban os rapaces, os mozos, e tamén os vellos; eses asubios tiñan dereitos de autor e non se podían oubir polas corredoiras, escoitabanos os veciños; eso era unha exhibicion publica;
os rapaces que ian a escola tiñan o costume de escribir anacos de livros que lle dictaban os mestres, eses livros tiñan dereitos de autor; doutra outra banda o tal musico tamén lles queria cobrar por adiantado un imposto
por andar en internet, outro por comprar CD’s, outro por ter ordenador, outro por ter uns
aparellos que lle chamaban MP3, outro por escoitar a radio, outro por ollar a TV. A xente de Hamelin negouse a pagar nin tan siquera un pataco..o malo foi que o falso músico en vez de levalos a xuizo tivo a mala idea de roubarlle todolos nenos.¿Porque roubou os nenos?…¿como ia facer naqueles tempos, ainda non nacera SGAE, para convencer a un Xuiz de que era delito asubiar..e ainda por riba andar en Internet cando a xente non sabia o que era iso?..eu coido que ese músico, coa ansia de gañar cartos, viaxou no tempo e foi bater cos seus osos nun sitio pouco axeitado para o que queria facer…ainda que a xente parecía mais atrasada ca que hai agora, en realidade non era dese xeito…¿onde se tiña visto que os pobres non puideran nin asubiar?…despois viñeron outros tempos nos que se quería que a xente soubera pouco, canto menos mellor… cantar deixaban cantar…nas escolas cantabase o Cara al Sol e non se pagaban dereitos de autor; na metade das misas tocaban as bandas de musica, a xente había que ensinarlle a coñecer e respectar o himno da sua patria ..ninguén viña a cobrar dereitos de autor; ninguén cobraba nas escolas cando os nenos escribían o dictado cousas que os mestres lían nos libros….case non había escolas…por iso daquela non pagaba a pena cobrar dereitos de autor. Viñeron outros tempos mais modernos, e xente desa que lle pagan por pensar polos demais decatouse que había moitas
cousas que non pagaban dereitos, cando en realidade tiñan que facelo; deron con un Goberno que facía xuntanzas no Congreso dos Despistados, e que comezou a poñer leis que fixeron legal todas las cousas que a xente de Hamelin non lle quixo pagar o flautista: Polo visto hai un ruxerruxe de que lle van meter dereitos de autor o papel, segundo din algúns enterados, ese papel pode ser empregado para facer copias de libros con copyright…ata agora disque o papel higienico queda fora destes dereitos…pero xa hai quen di que tamén ten que pagar …polo visto hai xente que cando fai de vientre asubia.. ¿e que asubía? ..¡cantigas con dereitos de autor!.Segundo as asociacions de xogadores de tute disque hai un bufete moi importante de abogados que están investigando se o cantar as corenta, ou as vinte cando estas xogando ten que pagar ou non dereitos. Nestes tempos de Semana Santa hai unha certa inquietude por si a SGAE ten a ocorrencia de cobrar dereitos de autor nas procesións, cousa que no sería nada doutro mundo visto que xa
queren cobrar polas romarias que fan nas aldeas.