Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for the ‘Historias’ Category

O SAUDO

Posted by pepe penas o Outubro 6, 2004

cruceiro.jpg
Os galegos temola sona  de ser un pouco revirados, e de acadar as cousas  sen que os demáis se decaten do que verdadeiramente desexamos. Teño que falar do meu bo amigo MIKE SIERRA, alcume que tiña cando ambolos dous andivemos metidos na banda cidadán, CB; para os que non sepan de que falo, direi que era maneira de practicar a radioafección os que non podiamos mercar aparellos que costaban moitos miles de ptas.
O caso e que un día que nos atopamos, o seu saúdo foi baixar a cabeza, coma fan os xaponeses, eu fixen o mesmo ca él, puxémonos a falar e díxome: vouche contar un conto que ven o caso do noso saúdo; había dos irmáns que levaban moito tempo anoxados e non se dicían nin tan sequera os bos días nin as boas tardes; un deles era crego e tiña que pasar por diante da casa do outro, este sabía a hora e sempre se poñía diante pero non acadaba o saúdo. Tantas veces ver pasar o seu irmán puxerónlle a traballar o inxenio e rematou por poñer un cruceiro coma este diante da porta; o crego o pasar baixaba a cabeza, facéndolle unha reverencia o cruceiro, seu irmán facía o mesmo, con un sorriso que lle chegaba as orellas, e dicindo pos seus adentros: falo de mala gana….pero saúdar…saúdasme…

Posted in Historias | Leave a Comment »

O TRASNO DO FAROL

Posted by pepe penas o Outubro 5, 2004

farol.jpgXa non me lembro se llo sentín a miña bisavoa o foi outro neno de Dorvisou que llo escoitou a súa; disque estaba unha ves quitándo a cotra dun farol, e tanto …tanto fregou nel que fixo espertar o trasno que durmía dentro; saleu coma un raio dando berros e dicindo qe non era o intre mas axeitado para pedir axuda; pero xa que o fixeran sair estaba disposto a cumprir desexos….pideme o que queiras, e eu xa farei o que me pete, dixo moi anoxado.
A bisavoa dixolle: Mire vostede eu quero que na miña aldea todolos veciños teñamos luz coma a que teñen nas cidades.
Ese desexo non se pode pedir, dixo o trasno, non queren os caciques que ó outorgue, porque se vedes mellor, aprendedes deseguida a ler, oides a radio, e cando haia a cadea SER ides saber as novas que conta,…e xa se sabe.. e moito mellor que esteades desinformados ca mal informados. Coa misma o trasno marchou sin dar tan sequera as boas tardes.
Dende que foi esta historia, pasaron moitos..moitos anos; cando marchei da aldea ainda estaban sen a luz das cidades; o ir faltando os caciques..as cousas comezaron a ir mellor..puidose xubilar o farol, xa se podia ver a televisión…oir a radio…pero a cadea SER….

Posted in Historias | Leave a Comment »

AS TEBRAS

Posted by pepe penas o Outubro 3, 2004

tebras.jpgDetrás desta porta están as tebras…son unha cousa coma a noite pechada, non se ve nada..e coma si foras cego; abro e non atopo nada estraño, vexo o que se ve polo día..unha estrada pola que pasan coches, xente, animais..o de todos los días; cerro….evolvo a ver as tebras..¿que podería facer para entrar?..si abro o portal fuxen…si non o abro seguen estando aí….meto a mán polo medio dos ferros, non sei onde a poño nin que mecanismo comeza a funcionar.. atópome na entrada das tebras; achégaseme un ser moi estraño vestido de porteiro..¿quere vostede entrar?, deixe aquí a vida, metase por aquela porta e entre polo labirinto que hai a dereita, si acada chegar aquí, recolle a vida e sae para o mundo de onde veu…si non chega… ficará para sempre no mundo das tebras..¿pasa vostede?; non sabía que dicir, de supeto comezou a soar unha bucina que semellaba que me ia a furar as orellas….dei un salto na cama e maldicín o reloxo que me avisaba que me tiña que erguer. Despertei a tempo..¡que sorte! …non tiven que tomar ningún acordo…se tivera que facelo non ia poder..mirei no bolsillo do pixama…¡ e non atopei o coraxe!

Posted in Historias | Leave a Comment »

AS BOAS POMBAS

Posted by pepe penas o Outubro 2, 2004

pajaril_2.jpg
Eu coñecín esta árbore hai moitísimo tempo, lémbrome que estaba acugulada de follas e nos días en que qeimaba o sol, mesmo era un pracer deitarse debaixo dela  e deixar que a sombra che agarimara todolos currunchos do corpo; este derradeiro ano un día fixeime nela e decateime que estaba quedando sin follas; ¡boh!…caeranlle coma a todas as árbores… e volveranlle a nacer na primaveira, dixen para os meus adentros, e seguín o meu camiño sin darlle mais alcance; tardei unhos dias en  pasar polo sitio; hoxe cando volvín acheigueme a ela e sentín coma si alguén estivera a chorar..¡non estaba a soñar…non!..¡era a pobre da árbore!…sentía como se lle ia o alento, cada día que pasaba achabase con menos forza, mais doenzas e menos follas. Contoume que cando era mais nova case que todolos dias había unhas pombas que viñan a pousarse a sua sombra, contábanse as suas cousas, e subianse as pólas para ver a ciudade dende riba, que e como a miran os paxaros; pero agora que se acha doente, e xa non da sombra, as pombas buscaron outras árbores para facer as suas xuntanzas; de cando en vez ainda hai algunha que se acorda da doutrina cristiana, que dí que hai que visitar os enfermos, e ven a pasar un anaco con ela.
Pideume que falara coas pombas para que viñeran mais veces a vela; dixenllo a unha, que xa conocía dos tempos en que a árbore ainda era moza, e prometeume que mentres vivira ian estar todo o día con ela; ian a facer quendas para que non se sentira soiña cando morrera…

Posted in Historias | Leave a Comment »

ORQUIDEA

Posted by pepe penas o Setembro 30, 2004

A orquidea e un planta que te mantén intrigado porque xamáis sabes como e a flor que lle vai a nacer..hai moitísimas e tan distintas, que che podía dar o sono somentes con oir falar de cantas son. Bueno eu dela non podo falar moito xa que no son ningún orquidea.jpgexperto na materia; eu somentes sei algo dunha que conocín, e que ainda vive na  miña casa. Fai unhos anos trouxenlle a miña dona unha coma esta da foto..non e que diga eu que e bonita… e que xa se ve…. non e mais bela porque non lle da a gana.
Un día secóuse a flor e somentes quedou a planta, a verdade e que vista asi non parecìa unha grande cousa; o ano seguinte non pasou nada, seguía no mismo sitio pero das flores nunca maís se soubo; bueno.. digo mal, porque cando pasou outro ano, un día  mirei para ela e vin que lle estaba a nacer a flor, foi medrando, medrando.. e o fin saleu esta cousa tan fermosa. A ledicia durou pouco, durou o tempo que pasou desde que naceu ate que morreu. ¡Toda unha vida!.pero unha vida pode ser tan corta como lle toque ou tan larga coma ti endexamáis soñache; por desgracia a vida das cousas fermosas, ten o costume de ser corta. O asunto e que a flor volveu a morrer e a planta quedou outra vez espida, daba mágoa vela sen o seu zapatiño.
Un día comecei a remexerlle na terra, porque as veces disque hai vermes que non deixan que as plantas teñan unha vida sán; verme no atopei ningún en ningures, o que vin foi algo que se movía pero non sabía o que era..fun a buscar unha lupa e entón mirei uns ananos pequeniños, pequeniños que andaban arredor das raíces, dixerónme que eran biólogos e ian polas casas onde había orquídeas tentando de atopar o mal que tiñan para non botar flores. Contáronme o que eles coidaban: as que botan  flor coma o zapato da Cenicienta , somentes o fan onde hai nenos; para que as nais cando lles contan o conto  teñan o zapatiño para amosarlles. Disque non hai menciña que as sane, si non hai meniños… non hai flor; xa que logo sabe vostede o que ten que facer se quere tela.Eu dixenlle, si..si…pero…eu agora xa non podo ter meniños; entón o que parecía que mandaba maís díxome: pero terá vostede fillos, supoño..
Ter..teño..teño..,dixenlle eu, pero polo de agora seica non están pola labor..
saber mais das orquideas

Posted in Historias | Leave a Comment »

O LAGO DOS CISNES

Posted by pepe penas o Setembro 28, 2004

cisnes.gif
Hai ensaio xeral, a orquesta non pode comezar a tocar..o Sr. Tchaikovsky está perdendo a cachaza…está a revisar a partitura e decátase da falla dunhas notas; entón berra: ¡Teñen a culpa os da imprenta!. ¡Veña axiña poñede un fax!.. ,alguén sopralle nunha orella que ainda non está inventado, ou mellor: non..non, chamade polo do tambor e que as escriba aquí, ten que sabelas porque e él o que ten que tocalas . Acheogóuse a fiestra, e o mirar para fora, pasoulle a cara de ferreiro que tiña, encheuselle a boca cun sorriso, e empezou a dar pulos dicindo: alí están, alí están..¡¡son duas blancas e tres semifusas!!; ¡axiña, que vaia alguén por elas!…temos que principiar o concerto.

Posted in Historias | Leave a Comment »

OS OURIZOS

Posted by pepe penas o Setembro 27, 2004

¿Coidastes algunha vez  na semellanza que hai entre este ourizo, o ourizo cacho e o ourizo de mar?; tal semellanza non pode ser froito da casualidade, ten que existir algún outro orixe. Contáronme que disque fai millóns de anos,ourizo.jpg un día pola noite, no mes de agosto cando haí mareas vivas, unha parella de ourizos do mar saíu a dar un paseo pola praia, cando chegou o devalo tanto tanto baixara a auga que se deron conta que xa non podían volver; estiveron esperando algúns dias, pero como o tempo das mareiras xa rematara, a auga nunca volveu a chegar onde eles. A praia na que quedaran estaba preto dun pinar, como poideron foron indo ós rolos até chegar os pinos, alí atoparon un burato, agocháronse nel, e fixeron a sua casiña….Pasaron outros millóns de anos, e os descendentes daqueles ourizos un día viron que tiñan patas e valiánlle para andar; os maís novos empezaron a subirse as árbores, tiñanlle apego os castiñeiros, gustaballes ver o mundo desde o ar, mesmo como o vían os paxáros, algúns acordaron facer a sua vida alí enriba e non quixeron baixar xamaís: Volveu a pasar moitisimo tempo….Un día algúns deles tentaron baixar a terra, decatáronse de que non tiñan patas e de que estaban apegados o castiñeiro, miraron para outros compañeiros e viron que lles estaba a pasar o propio; polo chan xa non vian a ningún dos seus devanceiros, tiveron que recoñecelo, a sua vida estaría para sempre vencellada os castiñeiros; tan apegados quedaron que lémbrome, cando era pequeno, que no tempo das castañas os homes subíanse a árbore e, con unhas varas largas de carballo, andaban a paus con eles hasta que caían o chán.
Non sei si a histoira será ou non será certa; do que teño seguranza e de que si CHARLES DARWIN vira os tres xuntos algunha vez, de seguro que lle atopaba algunha explicación; con toda seguridade non o contaría coma min..porque xa se sabe..os cientificos e os nenos vémola a evolución das castes de xeito algo distinto.

Posted in Historias | Leave a Comment »

O EURO QUE VEU

Posted by pepe penas o Setembro 21, 2004

Lembro de pequeno oir dicir os mozos, foran de donde foran: ! ei carballeira! viva Lalín con razón o sin ela, o que me dea un pau doulle un peso , e si e de carballo trinta reais; facendo contas axiña se vía a desigualdade dun pau co outro: un peso eran cinco ptas, unha peseta eran catro reais, entón o pau que valía un peso viñan sendo vinte reais, pero se era de carballo xa valía trinta…o de carballo era 10 reais mais caro.. ¿ou non?
Os trintaeuro.gif reais viñan sendo 7 pts e media, contra cinco que valia o que non era de carballo, ainda habia algo de diferencia: ¡¡eran duas ptas e media!!, seguiaste decatando de cal era o mais caro
¡Ah! pero chegou o raio do euro e escarallounos o sentido: o pau de cinco ptas vale agora 0.03 euros e o de 7.5 vale 0.05 euros.¿ Podes imaxinar  que no tempo deses mozos xa houbese o euro ?. Quen estivera oindo: o que me dea un pau doulle 0.03 euros e se e de carballo 0.05; seguro que se escarallaba coa risa; inda que lle puxeramos o IVE moi pouco ia aumentar;¡ hai que ver o que baixaron os prezos ca chegada do euro!..¡¡ESE E O NOSO ERRO!!, se os numeros son pequenos as cousas son baratas.,decimos nos..si,si..¡polo carallo! . non son…non, somentes o parecen.
A pesares de que a peseta fose declarada como moeda de todo o territorio español no ano de 1868, valìa catro reais ; anos dempois da Guerra Civil, os meus avós, e xente meirande ca eles ainda contaban en reais;l¡ sabian moi ben o que facían!!; pero como case sempre pasa, os vellos non hai can que lles faga caso,  non quixemos aprender da sua sabenza.
Eu os bancos non lles fago caso,  pasan o día a dicirche: Piense Vd en euros; e eu digo: si,si…en euros xa pensades vos, o que queredes e que nos esquezamos das pesetas para que non sepamos o que gañades; e así todolo que nos cobrades parecenos unha miseria; gastamos para diante, sin door, e dempois chegamos a fin de mes sin un puto can…Amigo lector ti fai como queiras, pero eu para saber o que gasto fagolle unha visita as pesetas; dentro da cabeza teño un recuncho con un letreiro  que di: PROHIBIDO O PASO.SOMENTES PERSOAL AUTORIZADO; cando vou a mercar algo, paso o dedo maimiño por riba do que quero mercar; o que ninguén sabe e que na punta del, por entre a uña e a carne, meteronme alá en Xapón unha cousa que lle chaman CHIP; capaz de ler os prezos escritos a mán, en código de barras, e tamén adiviñandoo si non o teñen posto; dempois con moito disimulo meto o dedo nunha orella, vale calquera das duas, como si estivera a escaravellar nela, pero o que fago en realidade e conectar co devandito recuncho , alí fanse as contas, e pola outro orella dime, no idioma que quiera, canto custa en ptas. Gracias a eso podo chegar a fin de mes con saldo na caixa, como din nos bancos.
Oin dicir que os xaponeses ian facer unha fábrica  no Póligono do Campiño, Pontevedra; aconsello as amas de casa que lean o diario todolos días, e en canto poidan non deixen de compralo; asegún din debe custar arredor duns 150 euros, como podedes ver parece bastante menos de  vintecinco mil ptas. Eu coido que nun mes, si o poñen, xa gañan para él de sobra.

Posted in Historias | Leave a Comment »

VOCACION FORTE

Posted by pepe penas o Setembro 19, 2004

medico.gif

Sempre me sorprendeu Marta, a milla filla, pola seguridade que tiña do que ia a ser cando medrara; dende que tiña cinco o seis anos sempre dixo que ia a ser médico, pasou o tempo..e hoxe e o  que ela quería; esto faime lembrar dos tempos en que eu estudiaba en Santiago cuarto de Bacharelato, unha tarde na clase de física, o profesor mandaunos escribir nun papel o que queríamos facer o acabar os estudios; cada un puxo segundo a cabeza lle dicía. Houbo un que lle chamou moito a atención, o de Gilberto, xa que no papel poñía que quería ser secretario do concello do seu pobo. Pasaron os anos, cada un foi para onde a vida o iba levando; e esas cousas despois somentes vechenche a cabeza o atoparte con alguén daqueles tempos, entón metes a man no baúl das lembranzas e comezas a botar historias para fora. Velaquí que estando no exército en Ferrol atopeime co Andŕes, que Dios o teña na sua Gloria, e principiamos a sacar cousas do baúl…nunha destas dixome: ¿a que non sabes a quen atopei no concello de..?..¿sabes a quen?…!!a Gilberto¡¡..¿e sabes o que fai?…!!Eche o secretario do concello¡¡.
Fixo coma a miña filla, tiña moi claro o quería.. e acadauno.

Posted in Historias | Leave a Comment »

AS OLIMPIADAS

Posted by pepe penas o Setembro 16, 2004

gaviotas.jpg
As gaivotas dende que comezaron a mesturarse coa xente fan que nos abraiemos coas suas habilidades; cando andan nos contenedores do lixo, en procura da comida, botan unha ollada a televisión e decatanse de cousas novas. Este ano viron as Olimpiadas de Atenas , e agora fan campionatos de natación..Aquí estanse a preparar para a proba dos cen metros estilo libre… o xuiz non perde ollo para que saian ben… e ningunha se adiante…

Posted in Historias | Leave a Comment »