Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for the ‘Relatos curtos’ Category

DERIVADA

Posted by pepe penas o Agosto 29, 2007

ESTA E UNHA HISTORIA DE MATEMATICAS
…derivada do xinete polo cabalo sen derivar menos derivada do cabalo polo xinete sen derivar, partido polo cabalo o cuadrado. Estaballe vindo o sentido como lle ensinara a facer a derivada dun cociente de duas funcións o profesor de matemáticas: ven sendo coma se tiveramos un xinete e mais un cabalo…sentía dor no peito, semellaba que lle faltaban as pernas, abreu os ollos e decatouse que estaba debaixo do cabalo…estaba partido en anacos: alí unhas pernas, acolá uns brazos…coidaba que o fixera ben, polo menos estaba partido polo cabalo….

Posted in Relatos curtos | 3 Comments »

O LOBO DO CONTO

Posted by pepe penas o Agosto 6, 2007

ESTA E UNHA HISTORIA PARA MAIORES
Era pola tardiña a piques de caer a noite, coma todolos dias, o sarxento Ruiz saia do cuartel e metiase a través do monte para ir a casa da sua avoa que andaba coa saude un chisco estragada. Ainda ven non se meteu por un camiño estreito veu un lobo pasar de lonxe. Lembrouse do conto de Caperuchiña Vermella e veulle un sorriso;¡manda carallo!, os seus anos ocorrerselle semellante parvada. Entroulle un chisco de presa, apurou o paso e de seguida chegou a casa; abreu a porta e subeu o cuarto, había pouca luz; a sua a voa estaba sentada na cama e coa almofada detrás do lombo. Non semellaba a de sempre:¡cacho ollos tiña!, ¡e que orellas!, tan grandes coma as canizas dun carro; a boca mesmo semellaba o burato por onde se metia o pan no forno. Veulle outra vez ao sentido o conto de Caperuchiña; non quixo preguntar nada: non quixo saber nin dos ollos, nin das orellas, nin da boca. Sacou a pistola da cartucheira e zorregoulle tres tiros na testa; non había dubida era o cabrón do lobo que remataba de merendar a sua avoa. Despois do terceiro tiro sinteu a campá da igrexa tocar a morto; a porta da casa abaneaba coma se alguén quixera abrila; botou a cabeza pola ventá e alí estaba o lobo tentando esnaquizar a porta coas patas e mailos dentes…
.

Posted in Relatos curtos | 3 Comments »