
Dende que vin o
retrato da Gioconda por primeira vez, tiven interese en coñecer cal era a
orixe do seu sorriso; alguén dixo que quizais estivera preñada e o sorriso era de felicidade, poida que fora por iso; tamén pode cadrar que a moza estivera a ver algo en Leonardo que lle fixera rir, ou quizais estivera vendo algún rillote que facía mofa do maestro; ou quizais se sentirá moi leda porque un home tan importante estivera a facerlle un retrato para doarlle o seu noivo. De todos e coñecido que o gran Leonardo era un home que sabía moitisimas cousas ( era coma aquelas enciclopedias que tiñamos nas escolas que traian de todo: Xeografia, Historia, Literatura, Matematicas…até falaban duns españois que lle chamaban “roxos”, polo visto eran tan malos que un home que lle chamaban Caudillo fixo unha guerra para botalos de España): era pintor, arquitecto, escribia, inventaba máquinas; coma dician na miña aldea aquel home era o demo; cousa da que non sabìa era porque ainda nona había. Pois ben, andando pola Rede adiante e lendo cousas que se atopan, unhas veces son caralladas e outras semellan ser certas ainda que nono sexan ou nono aparenten; fun bater de fuciños cunha paxina que fala de
EXTREME MAKE OVER- CAMBIO RADICAL-; iso do radical deixoume cavilando e doume pé para mergullarme nela e ver de que falaba; o rematar de lela decateime cal era a causa do sorriso da Mona Lisa, ¡ era de ledicia ..fixeran dela unha muller nova! . Ollando a cabeceira deste post de seguida comprendemos a esta boa muller, ai amosase como era antes e dempois de coñecer ao Sr. Leonardo; era unha muller tan feiña tan feiña que daballe vergoña que a mirara a xente; segundo dicía un amigo meu era tan fea que polo visto facía os recados pola noite para non atoparse con ninguén. Don Leonardo amais de saber de todalas ciencias que habia, coñecia dalgunhas outras cousas que a xente non sabía; estaba moi atarefado facendo moitos ensaios, fixera viaxes o pasado e tamén o futuro; vaite que se lembrou que nunha desas viaxes ao fututo estivo nun pais que lle chamaban os EEUU, lembrouse de que ollara CAMBIO RADICAL na TV; sinteu aprecio pola rapaza e tivo o acordo de volver os EEUU e aprender como se facía unha moza guapa dunha moza fea. Volveu a sua Italia, comezou a cavilar na xente que coñecía e lembrou os nomes de coñecidos: médicos, modistos, meigos, meigas, todos aqueles que sabían facer cousas que servían para algo: Chamou a boa da muller e dixolle se queria ser unha moza guapa, a rapaza dixo que si e Don Leonardo, cos seus amigos, puxose a facer o que aprendera nos EEUU; como daquela non había TV o Sr. Da Vinci fixolle un retrato no que saliu con ese sorriso que tanto misterio tivo e ainda ten. Don Leonardo deixou
outros bosquexos nos que se poden ollar as caras que Mona Lisa ia poñendo namentras lle facía o retrato.
Se queres coñecer como podía ser de fea a Gioconda antes de pasar por CAMBIO RADICAL
preme aqui