Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Costa dos Arrieiros

Costa dos Arrieiros ten que ver coa miña aldea de Dorvisou; como o nome di e unha costa que empeza onde o Muiño de Cubelos e chega ata a estrada que vai dende as Cruces ata o Encoiro de Portodemouros. O nome semella que llo puxeron porque Dorvisou era atravesado por un camiño dorvisou.jpgreal, os arrieiros que ian por el, o chegar alí descansaban.
Non só transportaban viño, tamén levaban sal e outras mercadorías; do mesmo xeito este Blog levará un pouco de todo . Estou empezando con historias que sempre lembrei e nunca fun quen de contar; espero amigo lector que non te aburras con elas, se che gustan podesmo facer saber…e se non che gustan tamén ..non teñen porque gustarnos a todos as mesmas cousas.
E case seguro que o meu galego non sexa do agrado de todolos que lean o que escribo; nono podo arranxar..nunca estudiei a nosa lingua, somentes sei o que me ensinaron os meus maiores; eu son daqueles nenos de dempois da guerra que tiveron que aprender a falar o castelán na escola; cando iamos as cidades, dician que eramos unhos paletos. ¿que nos chamarán agora?…
Non estou a criticar a ninguén…estou a cavilar..e como sempre me doeu ese xeito de mirar por riba do hombreiro os que non sabiamos “hablar el castellano”. !Tiña que dicilo¡…habedes de saber que non sempre foi ben visto falar en galego..
========

O meu correo

selloimage

3 Respostas a “Costa dos Arrieiros”

  1. walter said

    MMM Tamén teño lembranzas eu, cando falaba galego de neno, o entrar na escola de Secundria, todo o mundo falaba castelán, incluso a clase de galgego se daba en castelán para traducir o galego!!j A porfesora de galego era castelafalante, e eu non cambiei de idioma, na forma de pensar e todo o relacionado o meu intelecto formaouse sempre nun fogar galegofalante.

    Orgulloso deste pasado meu, hoxe debanceiros do galego, espero poder falalo moito tempo máis, e que os meus descendentes tamén o fagan así, e por suposto, que se pense en galego para pensar en Galicia, é dicir, que se pense dende Compostela e non dende fóra.

    Pepe Penas intentarei mandarche unha foto da casa dos meus avós. Ata entón un saudo moi moi cordial dende Cangas.

    Segue cas tuas lembranzas, do pasado non se vive pero fai latir o corazón, do pasado non se come pero foi o fixo nacer esta semilla, do pasado veño e do pasado son. Se eludo del logo me trocará a sorte, …

  2. ramnsouto said

    http://www.blogoteca.com/ramonsouto/index.php?cod=101688
    Unha boa aposta pola nosa terra.

  3. ramnsouto said

    Lembranzas do pasado para deixar os nosos descendentes.
    Tes un traballo ben esmiuzado da nosa terra, Deus queira que sigas lembrando mais cousas para deixarlle os nosos descendentes.
    Unha aperta.
    Ramón do Estanqueiro de Pedra do Couto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: