Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

HAI ALGUEN AI ?

Posted by pepe penas o Agosto 2, 2008

Teño que dicir que non me agrada, nin un chisco, ver as paredes de moitas casas emborranchadas con letras e debuxos de sospeitoso valor atistico. Este non é o caso; no antigo barrio da Moureira, en Pontevedra, fun bater cos ollos nesta casiña; quedeime ollando para ela e mesmo tiven desexos de subir polas escaleiras, petar na porta, e dicir: ¡Boas tardes!…¿e podese entrar?

Posted in As fotos falan | Etiquetado: | 6 Comments »

EU NON SON PLATERO

Posted by pepe penas o Xullo 27, 2008

Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. (Juan Ramón Jiménez)


Así era o meu curmán; eu tamén son pequeno, peludo, e por fora duro coma un croio; non semella que sexa de algodón; mais ben feito de suor e bagoas; polo visto como moi pouco, non e porque non queira; chego a casa tan canso que nin as queixadas dou movido para comela a herba que traio enriba do meu lombo.Eu si que teño osos, pero de tanto frio, auga e xiada están a piques de crebar. Os meus ollos son negros e duros, pero non porque semellen o acibeche, e polas bagoas que boto cando vou os prados de Cernada ou de Sequeiros; antes o da herba era traballo da Cachorra e maila Marela, pero agora elas dan leite e teñen fillos.
Dende que hai os tractores xa non me fan ir pola herba, deixanme folgar e ceibanme para que coma canto eu queira. De todolos xeitos nonas teño todas conmigo; ese carallo do petróleo disque está cada día mais caro. Os meus amos queren gañar moito e gastar pouco; non vaia ser o demo que calquera día chamen por min e teña que volver a carrexar na herba…

Posted in Cousas da terra | Etiquetado: , , , | 1 Comment »

INTERMEDIARIOS

Posted by pepe penas o Xullo 15, 2008

Nestes últimos tempos oimos queixas dos labregos de toda España; tan pouco lle pagan pola súa colleita que din que se atopan moito mais satisfeitos dando de balde o que recolleitan, ca cobrando a miseria que lle pagan os que lla compran para despois venderlle a xente coma ti e coma min. Hai iunha caste de xente moi preparada para vivir, non co suor da sua fronte senon co suor do que ten en fronte; eses “traballadores” son coñecidos polo nome de intermediarios; gracias a eles, cousas como as patacas, os pimientos e os tomates non tardarán moito tempo en ir a Bolsa. Van a ser valores moi cotizados; entón, daquela, xa se sabe: os pobres non poderán chegar a eles. Xa se armou o barullo, se queres ter tomates, pimientos e patacas: os intermediarios diranche que vaias a tal Banco que ali teñen unhas hipotecas moi axietadas; eles cobran, e ti botarás a vida enteira pagando as suas ganancias. Os Sabandeños, grupo folclórico canario , no ano 1973 xa nos falaban deses persoaxes que van deixar aos pobres sen comer patacas.

¿Quién es ese elegantísimo,
orondo y gran caballero?
-Ése es un intermediario
en el negocio frutero.
¿De quién es ese palacio,
orgullo del pueblo entero?
-Ése es un intermediario
en el negocio frutero.
¿De quién es ese automóvil
tan lujoso y tan ligero?
-Ése es un intermediario
en el negocio frutero.
¿De quién es ese vapor,
de quién es ese velero?
-Pues, eso es un intermediario
en el negocio frutero.
¿Quién fue el que emprendió viaje
a Madrid y al extranjero?
-Pues, ése es un intermediario
en el negocio frutero.
En el negocio frutero,
en el negocio frutero,
es todo un intermediario,
en el negocio frutero.
¿Quién es ese potentado,
quién es ese consejero?
-Esos son intermediarios
en el negocio frutero.
¿Quiere darme cinco duros
para comer, caballero?
-¿Quién sos tú?
-Yo soy un pobre del campo
agricultor platanero.

Posted in Cousas da terra | Etiquetado: , , , , | 3 Comments »

VANDALOS ?

Posted by pepe penas o Xullo 10, 2008

Hai unha caste de Bancos que poden crebar, cando esto ocorre e convinte que boten uns tragos no Fondo De Garantía de Depósitos. Hai outra caste de bancos que tamén poden ter problemas o longo da sua vida; a estes a mellor cousa e meterllos na man a un carpinteiro. O banco que ollamos nesta foto xa leva asi uns dous ou tres meses; está en Pontevedra na Illa das Esculturas.
¿ Crebaría pola crise o crebou porque alguén tivo unha crise ?.

Posted in Vino cos meus ollos | Etiquetado: , , , | 1 Comment »

QUERES FIADO ?

Posted by pepe penas o Xuño 29, 2008

Este retrato fixome lembrar unha tenda que houbo en Pontevedra, fronte a antiguo Xulgado; era pequerrecha, cunha porta un chisco estreita, na que tan so meter o nariz os ollos batían cunha morea de xamóns que penduraban do teito. Se a fame que tiñas non era moi grande podías mercar un pouco xamón e levalo para a a casa; se era grande so tiñas que pedir que che meteran nun anaco de pan unhas rebandas daquela febra, e que che botaran un vasiño de viño para que esbarrexera mellor pola gorxa.
Despois de meterlle unha boa dentada batianche os ollos nun letreiro que dicia:

Si doy a la ruina voy
Si fio pierdo lo mío
Si presto al cobrar molesto
Para evitar todo esto
ni doy, ni fio, ni presto

Despois de comer había que pagar; o pobre tendeiro viña a dicir de que xeito non tiña facer para que todo o mundo se levara ben con él. Aqui atopei unha Web que che pode botar unha man para que te lembres de algo que che pasou en algures.

Posted in Webs | 1 Comment »

MOI BIEN MOI BIEN…

Posted by pepe penas o Xuño 15, 2008

Cando deixas de camiñar a catro patas, ou sexa cando non vas no coche, tamén tes problemas para moverte. Antes as beirarrúas eran para a xente, pero como hai tanto coche os peóns temos que ter solidaridade e deixamos, se non é polas boas é polas malas, un anaquiño do noso camiño para que os que non queren gastar os pés poidan levar a vida mais tranquila. Poño todo esto porque na Rede fun bater cunha páxina que se chama aparcascomoelculo. Hai xente que aparca coma o cú, outros aparcan como lle sae do cú; a cousa do caso e aparcar. Para todos eses insolidarios foi feito este sitio; non deixes de facerlle unha visita. Quizais aprendas o xeito de dicirlle o que non hai que facer.

Posted in Webs | 4 Comments »

OS ESTALOTES

Posted by pepe penas o Maio 27, 2008

Plas, plas, plas plas, plas…
Chamabanlle estalotes e estoupaban que nindiola; o outro día batín con eles a beira dun camiño, de supeto lembreime, cando era un neno de Dorvisou, dos días que ia coas vacas a Granxa do Rio. Estalote que pillaba, estalote que facía estoupar; mais dunha vez, e de duas ou tres tamén, as vacas en vez de comer herba comían os repolos que había na beira do prado. A Cachorra, a Gallarda, a Xuvenca, a Marela, ou outra calquera da que xa non me lembro do nombre ainda que queira, de seguro que desexaban que o Pepiño andara a estourar nos estalotes; a elas os repolos tamen lle sabían que nindiola. O que nunca souben, ata hoxe, e a morea de nomes que teñen na Nosa Terra. Tantos, tantos son; que como diría a miña avoa: ¡Dios che nos colla confesados se tiveramos que dicilos todos cada vez que atoparamos un!

Posted in Lembranzas dun neno | 6 Comments »

ALI-VEN TEU-PAI

Posted by pepe penas o Abril 23, 2008

Sendo neno lémbrome que no bacheralato sempre houbo que estudiar unha lingoa estranxeira, aló polos anos cincoenta era o alemán; un chisco mais adiante tiñamolo francés,se nono querias podías escoller o inglés. Como xa non había mais onde elexir, nós falabamos otras lingoas o noso xeito. Para dicir en xaponés: asalo peixe; diciamos:CHAMUSKA LA PESKA. Se queriamos dicir en ruso: Ninguén na taberna, era moi doado dicir: NIN KISKE NA TASKA. Por saber ata sabiamos algo de árabe; para dicir: tira o cigarro, había que dicir: ALI VEN TEU PAI.
Houbo uns tempos en que fumar disque era de homes, e como os rapaces queriamos ser grandes andabamos polo medio das mozas botando fume coma se foramos burreas; e os ollos ben abertos non fora o demo que viñera algún inimigo. Cando sentiamos dicir: ALI VEN TEU PAI, todos sabiamos que había que meter a man no primeiro peto que atoparas baleiro, tendo tino de non queimar nen a man, nen o pantalón, nen a chaqueta.
O meu tio Rodrigo foi un fumador incorrixible, sempre dicía que non fumaba; e o certo e que non era doado pillalo botando fume. Dunha vez tivo que mandar que lle coseran un peto da chaqueta. Cando lla deron, unha vez arranxada, preguntaronnle como fixera para queimala; nese intre decatouse que o pillaran; pero como era un home de recursos dixo: Queres ver que o outro día cando acendín a cociña que me leve o demo se non caeu o misto acendido dentro.
Quizais o meu tio soubera árabe , poida que aprendera de nós; quizais nos virá algunha vez agachando o cigarro a voz de: ALI VEN TEU PAI..

Posted in Lembranzas dun neno | 5 Comments »

A MENIÑA DA LEITEIRA

Posted by pepe penas o Marzo 11, 2008

Esa noite botoulle de comer ao galo e colleu o reloxo; non vaia ser o demo que non esperte, dixo cando estaba poñendo a agulla pequena nas sete e a grande nas doce. Deitouse canda as galiñas e estivo un bo anaco cavilando que ia facer co leite; faria coma a outra leiteira: ia comprar huevos cos cartos do leite; despois ia vender os polos que tivera dos huevos, ia comprar unha porca preñada e cando lle vendera os ranchos ia comprar unha cuxa; ia ter na casa ata que fora grande e despois ialle vender os cuxos. Ia facer unha morea de cartos e asi podería casar co Manuel, que era o que a ela lle gustaba. Non quería ter tantos fillos e fillas como tivera a súa compañeira; a ela chegaballe con unha filla ;quería ter unha nena. Unha noite estivera vendo a televisión na casa dunha veciña e gustoulle o que dicía aquel home das barbas; ainda que falaba castelán ela soubo o que dicía, para algo fora a escola; estaba moi leda, ela podía ter esa nena; nacería en Galicia, pero Galicia tamén era España mecagonodemo; ela mais o Manuel tiñan traballo, levabanse ven cos veciños, ian a misa e eran amigos do cura; a sua filliña ia estudiar o inglés e asi podería ir aos EEUU para mecarlle as veigas o irmán do seu pai. Foi polo camiño con coidadiño de non bater contras as pedras, non quería que lle caera o leite e os seus soños ficaran espallados polo camiño. Chegou a escola, nunha man o carné e na outra dous sobres; non lle dixo a ninguén a quen ia votar; non quitou os ollos do mozo que lle colleu os sobres, tiña medo que nonos metera na furna. Marchou para a súa casa, fixo todalas labores que lle faltaban e `pola noite foi a casa da súa veciña; tiña medo de que non gañaran os seus, e mismamente viñanlle as bagoas os ollos cando falaban os da televisión. Cando rematou todo, dixolle adeus a veciña; ainda ben non puxo un pe fora da porta comezou a chorar e a cavilar se fixera ben non quererendo ser coma a leiteira do conto, aquela tivera moitos fillos e cando quedou sen o leite axudaronlle a traballar.Pero ela, agora ¿que ia facer?…o home das barbas fora o que falara da meniña, pero o outro…o outro non dixo nada de nada; ese que gañou ¿quererá que teñamos traballo?, ¿quererá que a nosa filla fale inglés?… Meteuse na cama e estivo un bo anaco cismando: mañán cando vaia vender o leite baterei de fuciños cun bo pelouro, o leite vai para o carallo e xa que non poido ter a filla polo menos poderei cobrar o paro.

Posted in Babecadas | 4 Comments »

TODOS PARA UNS POUCOS

Posted by pepe penas o Febreiro 20, 2008

autobus.jpg
Fai unha tempada que non andaba pola Costa dos Arrieiros; agora que non teño que traballar quixen facer a proba de erguerme pola mañán, non tiña por que ser moi cedo, e andar o son do corpo; andiven e andiven, e o certo e que non cheguei a ningures; botei de conta que tiña que cambiar de vida; metinme en Internet, e sen saber como comezei a buscar nomes de peliculas, atopei unha que me lembraba a Conan el Barbaro; pero non se chamaba dese xeito, o seu nome e CANON EL BARBARO.
Dende que a mirei semella que me atopo moito mellor; xa ia sendo hora de que alguen lle botara unha man a ese xentiña que fai cantigas, peliculas, e outras moitas cousas que non sabemos facer os que non somos artistas. !Pobriños¡…bueno pobriños non, que sorte tiveron que aparecera un manicho que lles fixo a promesa de castigar a todos os españois por piratas; polo visto deron na teima de roubarlle a musica que fixeron co suor da sua frente. Non esteades tristes, dixolles o pai do canon, de agora en diante en vez de vivir do suor da vosa frente, ides vivir co suor dos de enfrente. Doutra banda por mor de que hai demasiados españois que len libros, disque lle van meter tamen un canon as bibliotecas; a xente cando comeza a saber cousas faise perigosa. Xa abonda con que lean os ricos, os pobres hai que cobrarlle para que lle pase a gana de ler; hai que fodelos que para eso naceron pobres…o dia que a merda valga cartos, non faltará quen dea orden de que os pobres nazan sen cú.

Posted in Vino cos meus ollos | 6 Comments »