Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Posts Tagged ‘martin sarmiento’

O CARBALLO DE SANTA MARGARIDA

Posted by pepe penas o Setembro 30, 2007

carballo04.jpg
Conta Frei Martin Sarmiento (1695-1772 ) que de neno Vivía na Boa Vila, Pontevedra, nunha casa da Rúa da Palma; como despois foi vivir a Mourente no pazo de Santa Margarida, e de como xogaba cos seus amigos debaixo do carballo que había diante da ermida; moitos anos mais tarde volve falar do carballo nunha copla, di del que o meirande do Reino. Daquela a Nosa Terra era coñecida co nome de Reino de Galiza.
Houbo outros persoeiros galegos que falaron deste carballo; entre eles: Manuel Murguia, Filgueira Valverde, e Carlos Dacal que lle dedicou o libro O Carballo de Santa Margarida. Recolle nas suas páxinas que, segundo a crenza das xentes, as promesas feitas debaixo del xamais se rompen.
Pescudando pola Rede fun bater coa Bbiblioteca Virtual Cervantes; xa dentro dela atopei unha publicación con nome de Ilustración Española y Americana que fala de como o tal carballo foi arrincado por un furacán que houbo en Pontevedra o 15 de Nadal de 1886; tamén atopei, na devandita publicación, un dibuxo feito por Manuel Ramos Artal.
carballo02.jpg

PICA NAS LIGAZONS AQUI DEBAIXO

Publicación de 1886 Furacán en Pontevedra 1886 Carballo Sta.Margarida
logobv.jpg

Posted in Cousas da terra | Etiquetado: , | 6 Comments »