Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Outubro 2005

CAEU DO VALO

Posted by pepe penas o Outubro 26, 2005

fouce.jpg
Polo visto estaba enriba do Valo de Berlin…segundo din os que escriben a Historia, caeu, esnafrause contra o chan… agora atopase só…nunca mais soubo onde fora o seu camarada Martelo…

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

QUE VIDA…

Posted by pepe penas o Outubro 11, 2005

porco.jpg
Xa facía tempo que non atopaba blogomillos agochados nos retratos; hoxe comecei a ollar o arquivo de fotos, desas que cando as fas non sabes para que,  e de supeto decateime que hai un bon amigo que anda pola Rede  que ten unha páxina que lle chaman: QUE VIDA DE PORQUIÑO. Eu non sei se tiven un soño ou as neuronas frouxas…polo visto ouvinlle dicir a non sei quen, nin onde, nin cando; que se enterras un porco o pé dun limoeiro vai subindo …subindo…ata que que bota a cachola…

Posted in Atopando blogomillos | 6 Comments »

COUSAS DO LIXO

Posted by pepe penas o Outubro 1, 2005

limpapraia.jpg
AMARELO.-Se custara cartos emporcallar as praias iamos ficar sen traballo
VERDE.-Pois daquela e mellor que siga sendo de balde

Posted in Babecadas | 5 Comments »