Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Xuño 2008

QUERES FIADO ?

Posted by pepe penas o Xuño 29, 2008

Este retrato fixome lembrar unha tenda que houbo en Pontevedra, fronte a antiguo Xulgado; era pequerrecha, cunha porta un chisco estreita, na que tan so meter o nariz os ollos batían cunha morea de xamóns que penduraban do teito. Se a fame que tiñas non era moi grande podías mercar un pouco xamón e levalo para a a casa; se era grande so tiñas que pedir que che meteran nun anaco de pan unhas rebandas daquela febra, e que che botaran un vasiño de viño para que esbarrexera mellor pola gorxa.
Despois de meterlle unha boa dentada batianche os ollos nun letreiro que dicia:

Si doy a la ruina voy
Si fio pierdo lo mío
Si presto al cobrar molesto
Para evitar todo esto
ni doy, ni fio, ni presto

Despois de comer había que pagar; o pobre tendeiro viña a dicir de que xeito non tiña facer para que todo o mundo se levara ben con él. Aqui atopei unha Web que che pode botar unha man para que te lembres de algo que che pasou en algures.

Posted in Webs | 1 Comment »

MOI BIEN MOI BIEN…

Posted by pepe penas o Xuño 15, 2008

Cando deixas de camiñar a catro patas, ou sexa cando non vas no coche, tamén tes problemas para moverte. Antes as beirarrúas eran para a xente, pero como hai tanto coche os peóns temos que ter solidaridade e deixamos, se non é polas boas é polas malas, un anaquiño do noso camiño para que os que non queren gastar os pés poidan levar a vida mais tranquila. Poño todo esto porque na Rede fun bater cunha páxina que se chama aparcascomoelculo. Hai xente que aparca coma o cú, outros aparcan como lle sae do cú; a cousa do caso e aparcar. Para todos eses insolidarios foi feito este sitio; non deixes de facerlle unha visita. Quizais aprendas o xeito de dicirlle o que non hai que facer.

Posted in Webs | 4 Comments »