Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Outubro 2004

O RUXERRUXE

Posted by pepe penas o Outubro 30, 2004

tertulialibros.jpg
Hoxe estivo un dia de moita chuvia, tanta..tanta.. que se cerras os ollos para sentir como petan as pingas nos cristais, en vez de espertar co barullo que fan, comezas a escoitar as pegadas do Pedro Chosco ( persoaxe do que se dicia que facía durmir os nenos ), estarricas as pernas, ergueste e deixas que o corpo vaia detrás delas, porque xa sabes ,por outras veces, que a viaxe acaba no leito. Mais cando comezei a percorrer o camiño que ia para o auditorio da chuvia ouvin un ruxerruxe que saía de onde  estaban os libros…achegueime con moito coidadiño e puiden ollar estes catro  que estaban a falar entre eles e non deixaban dormir os outros. A cousa ia camiño de rematar nunha liorta entre todos eles; quiteinos de onde estaban e puxenos xuntos encima dun sofá, coidei que conviña telos de ollo… quiteille un retrato coma fai a policia cos delincuentes …, e cando rematei, boteille unha ollada para que non me esqueceran as faces dos barulleiros…¿e sabedes que pasou?…atopei un Blogomillo: LA TERTULIA DE LOS LIBROS

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

CAN NUGALLAN

Posted by pepe penas o Outubro 29, 2004

perrodescanso.jpg
Dende que me dedico a cazar Blogomillos estou atopando nomes de todolos xeitos..case sempre que ollo un nome venme o sentido algo que ten que ver con él; xa collín a costume de imaxinar un retrato..comezo a ollar os que teño gardados e de seguida atopo o que ten o nome agochado en algún recuncho. Non pode ser cousa do demo…eu sigo a cavilar que son os trasnos…son tan rillotes que se esmendrellan coa risa cando non os damos atopado. Este retrato e do meu amigo ROI…o velo con esta pinta de nugallán lembreime do nome que andaba procurando: EL PERRO CANSADO

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

A BORRALLA

Posted by pepe penas o Outubro 28, 2004

borralla.jpg
Ollando este retrato lembrome, con moito agarimo, do meu tio Rodrigo de Ollares, que moitas veces tenme contado unha historia de cando eu tiña dos ou tres aniños, non me lembraba dela, pero sentiame moi a gusto cando lla oía. Disque un día, aló polo inverno, quedei con él na casa namentras os demais ian a misa; estabamos o lado da lareira, que estaba chea de borralla por canto recuncho había; eu seica con moito disimulo ia achegando as mans a morea que tiña cerquiña dos dedos..se él miraba para mín.. eu quedaba quietiño coma un paxaro no niño, pero en canto facía que ollaba para outro lado…alá iba eu coma un raio…esgarabellaba na borralla..e veña.. emporcaba a cara; o meu tio, decatándose que me estaba poñendo coma un porco, tentou de que  saira da lareira…¡boa a fixo!…disque empecei a choromicar, e tanta magoa sinteu que dixo: se se enche de borralla..que se encha..o que por min non vai a estar a chorar todo o día. Botoume un sorriso e díxome: esgarabella Pepiño..esgarabella..que namentras eu estea aqui ninguén che vai a berrar. ¡Tal cousa me dixo!.., eu que xa de pequeno era un rapaz ben guiado…metin as dúas mans na borralla.. non daba feito a botala pola testa, pola face, pola roupa…por canto sitio  onde se poidera meter..alá ia Pepiño…..na boca disque na metín…seica non lle atopei bo gusto a una migalliña que me entrou cando a botaba pola cachola. Rodrigo esmedrenllabase coa risa..somentes lle marchaba a gana de rir cando cavilaba no que lle ian a dicir os demáis cando chegaran. A verdade e que, cando me ollaron, seica lle botaron un bo sermón por non coidar do neno. O meu tío endexamais mo dixo, pero de seguro que estaba tan ledo o verme brincar…que ata tivo desexos de emborcallarse tamén él. Estou seguro que ós anxeliños do ceo… moitas..moitas veces..contaralle a historia da borralla ríndose a esgalla e dicindo o rillote que era o seu sobriño…

Posdata: Dende aqui unha morea de bicos os fillos de Rodrigo e mais a miña tía María

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

A BESTA

Posted by pepe penas o Outubro 27, 2004

cabalo.jpg
Lémbrome, coma si fora hoxe, da afección que tiña de montar a cabalo; na casa dos meus avós había dúas bestas,( tamén se di egoas, pero teño agarimo polo de besta xa que ese era o nome que dician na miña aldea ) sendo un cativo de oito ou nove anos cando ia coas vacas para a Granxa Nova a miña meirande ilusión era ir montado na besta; case sempre ia na mais vella, que ó mismo tempo era mais pequena e era mais doado subir a ela; non vaiades a crer que iba quieto, ¡non oh!…poñiame co de diante para tras, agarrabame o pescozo, deitabame encima do lombo, coa barriga mirando para o ceo..e todo isto ca besta andando..¡parado facío calquera!; lémbrome dunha vez, polo camiño que ainda hai hoxe polo medio da casa de Xan Penas e do Zoqueiro, que se non caín unhas sete o oito veces non andaría moi lonxe..subía a besta..deitabame mirando para riba..dicía: ¡arre!..e ¡zas! caía coma un saco de patacas o chan, ela parabase..eu volvía a subir..e veña..a facer outra vez a misma manobra: Outras veces tentaba de facela andar con un paso que lle chamaban da andadura, algo semellante o que fan eses cabalos andaluces que se ven nos touros, non había nada que facer.. ela non sabía…. e eu tampouco sabía como enseñarlle; entón seguía facendo o que sabía: as manobras que contaba un pouquiño mais arriba; tanto ensaie que rematei facendo ben…xa non caia..e mesmo era capaz de facerlle botar un trote sen agarrarme a crina. Teño que dicir que xogaba con ventaxa, estaba a tratar con unha besta veterana, o meu pai levaba moitas veces cando ia as mozas, ela de seguro sabía que eu era o fillo de Ramón de Cándido e entón coidabame de xeito especial.

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

A LUZ DA LUA

Posted by pepe penas o Outubro 26, 2004

luna.jpg
Au clair de la lune
mon ami Pierrot
prete moi ta plume
pour ecrire un mot
Estes versos aprendinos en Santiago cando estudiaba terceiro de Bacharelato. Viñan a dicir que un rapaz pedialle a pluma ó seu amigo para escribir. Sen dúbida que na escola de Dorvisou algún raparigo pideulle a pluma o seu compañeiro, porque a súa estaba esgallada. Puiden ser eu que lla pedín a Xosé do Tamborileiro..ou a Ismael..ou a Manuel da Capilla; ou foi o da Capilla que lla pideu a Xosé..ou foi Ismael que ma pideu a min. ¡que tempos de penuria!…case non tiñamos libretas… escribiamos nas pizarras..¡que cousa mas parecida o que facían os Picapiedra!..¿non si?..Hoxe o lembralo dibuxasenos un sorriso nos beizos…Tiñamos a tecnoloxía que nos copiaron Pablo Mármol e mailo o seu amigo Pedro..ainda que eles parecen moi antigos..unha morea de nenos das aldeas viñemos o mundo denantes ca eles; naceron alá polos anos 60 da man de Hanna y Barbera

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

CARTA OS REIS

Posted by pepe penas o Outubro 25, 2004

cartareis

Eu teño a teima de gardar case todo, e gracias a iso atopei esta carta que lle escribin os Reis cando ia a escola en Dorvisou. Cando rematei de ler lembreime da historia que lle oín contar os de Gomaespuma pola radio; e un neno que lle escribe a Papá Noel; agora poñoa aquí para que a vexades.

Querido santa Claus has de estrañar que che escriba hoxe 27 de decembro pero quero aclararche certas cousas que me pasaron dende que che mandei a miña carta, todo cheo de ilusións, na que che pedía que me trouxeras unha bicicleta, un trén eléctrico, unha Nintendo 64 e unha parella de patíns. Quero dicirche Santa Claus que me matei a estudiar todo ó ano, tanto que non somentes fun dos primeiros da escola senon que quitei unha morea de deces; non che vou a enganar, non houbo ninguén que se comportase mellor ca min, nin cos seus pais, nin cos seus amiguiños, nin cos seus viciños; facía encargos sen cobrar, axudaba os velliños a atravesar a rúa e non había endexamáis algo que eu non fixera polos meus semellantes; e nembargantes ¡que ovos os teus Santa Claus!.Deixar debaixo da arbore unha puta buxaina, unha merda de trompeta e unha maldita parella de calcetíns…¡que cagada! ¿que carallo pensaches barrigán? ou sexa que me comporto coma un babeco todo este ano para que me veñas con unha merda deste calibre e non conforme con eso o maricón do fillo da veciña, que e parvo e sen educación, que lle berra a sua nai, a ese parvo dos collós trouxechelle todo o que che pideu, por iso agora quero que veña un terremoto ou algo asi para que nos leve a todos a merda, xa que con un Santa Claus coma tí tan incopetente e falso e mellor que nos trague a terra; non deixes de vir para o ano porque che vou rebentar a cantazos os teus sarnosos cervos comezando por esa merda de Rudolf que ten nome de homosexual, heinos de espantar para que teñas que foderte andando a pé coma min, cabrón, xa que a bicicleta que che pedía era para ir a escola que queda no quinto carallo dende a miña casa. ¡Ah! e non quixera dicirche adeus sen antes mencionar a nai que te pareu. Ogallá que cando esteas aló arriba dea a volta o puto trineo e leves unha boa…, ben por ser tan fillo de puta; pero eso si.. avisote que o vindeiro ano  vas saber o que e un neno maldito e un pouquiño cabrón.

Atentamente,

Nano

Apuntamento: A buxaina, a trompeta e a parella de calcetíns podes collelos cando queiras e metelos polo cú.

Download carta_a_santa_claus.mp3

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

O CORREDOR

Posted by pepe penas o Outubro 22, 2004

corredor.jpg
Cando miraba este retrato semellaba non estar cheo, a ponte víase moi baleira; en algures tiña que estar algo que acó non estaba. Antonte ia paseniño por unha rúa cando de súpeto atopeime con un deportista, que estaba ensaiando no escaparate dunha tenda, collín o aparello de retratar…e díxenlle: mira para min que vai sair o paxariño; foi ben guiado..mirou e quedou metido dentro da máquina; o chegar a casa convideino a sair e dar un paseo pola ponte; andivo para diante e para tras lo menos unha ducia de veces. Como xa viña canso de ensaiar na tenda, parouse un pouco e entón dixenlle que se lle gustaba o sitio podía quedar…moveu a cabeza dicindo que si…e velaquí que me veu o sentido un  blogomillo que se chama LA SOLEDAD DEL CORREDOR DE FONDO.

Posted in Atopando blogomillos | Leave a Comment »

OS TRES MOSQUEPERROS

Posted by pepe penas o Outubro 21, 2004

tresmosqueperros.jpg
Hoxe non sabia moi ben que facer: se meterme no leito ou remexer nos retratos co desexo de atopar algunha pelicula, un blogomillo agochado ou algunha historia desas que andan a dar voltas polo aire ,coma as bolboretas, e somentes hai que estarricar a man, pillalas e turrar por elas hasta poñelas na punta dos dedos..despois xa eles fan o seu traballo: poñen as palabras de tal xeito que o miralas ves unha historia. O ver estes cadeliños tan fermosos acordeime de Marta, a miña filla que tolea polos animais, e dixen que non me erguia de diante do ordenador namentras non me saira algo…non sei que foi o que pasou, vin pasar unha mosca… e acordeime dos tres mosqueteros, pero como estes son cans, a cousa non cadraba moi ben..e se dixera mosqueperros…¡xa o teño.. LOS TRES MOSQUEPERROS! foi unha serie de debuxos animados que se veu na TV en 1982 e fixo felices  a moitisimos nenos.

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

A HERDANZA

Posted by pepe penas o Outubro 20, 2004

dosamigos.jpg
O meu amigo ROI estalle a contar ó seu compañeiro KIN a nova que leu nun xornal: Dejan una herencia de casi 700.000 euros a dos perros.
TINA E KATE, dous border collies (a raza da cadela Lassie) ,herdaron  450.000 libras (675.000 euros) que lles deixou a sua ama, Nora Hardwell, unha xubilada que morreu os 89 años, "deixoulle 450.000 libras os testamenteiros para que os adiquen a manter todolos cans que teña o día que eu morra"…., escribeu  a señora Hardwell no seu testamento.
"Era moi amiga dos seus cans", dixo Henry Escott, o xardineiro, que sempre estivo o coidado dos cans e polo que lle quedaron 5.000 libras.
O KIN despois de escoitar a nova dixolle a ROI: Nos non temos esa sorte..non temos unhos amos  ricos…¿quen somos nos?.
O ROI miro para él e díxolle: Ti es can es…e eu son can son…se tiveramos a sorte de ser TINA e mais KATE

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

CONAN O BARBARO

Posted by pepe penas o Outubro 19, 2004

conan.jpg
Metido no rebumbio da Feira Franca de Pontevedra, atopei este corpo con un burato debaixo do pelo e que semellaba non ser ninguén, nin ir para ningures…¡era un corpo sen alma!..tiña que haber algunha maneira de darlle vida, cheguei a coidar en darlle agua da Fonte de Novello, moi coñecida por Paco Penas e mais un servidor; pero aquí non temos esa auga e tiven que deixarlle pasar sede. Dixennle a miña dona que se dispuxera a facer o retrato do ano, metín a cabeza polo burato..¡e zas!..saleu este debuxo feito polo paxariño; sabedes que as máquinas de retratar teñen todas un paxariño..lembrome, cando era un neno, que me dicían: mira…mira..que vai sair o paxariño.
Agora que miro o retrato outra vez…¡xa sei que era aquel corpo sen alma..vaia se o sei!: viña sendo o brután de CONAN EL BARBARO.

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »