Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Abril 2008

ALI-VEN TEU-PAI

Posted by pepe penas o Abril 23, 2008

Sendo neno lémbrome que no bacheralato sempre houbo que estudiar unha lingoa estranxeira, aló polos anos cincoenta era o alemán; un chisco mais adiante tiñamolo francés,se nono querias podías escoller o inglés. Como xa non había mais onde elexir, nós falabamos otras lingoas o noso xeito. Para dicir en xaponés: asalo peixe; diciamos:CHAMUSKA LA PESKA. Se queriamos dicir en ruso: Ninguén na taberna, era moi doado dicir: NIN KISKE NA TASKA. Por saber ata sabiamos algo de árabe; para dicir: tira o cigarro, había que dicir: ALI VEN TEU PAI.
Houbo uns tempos en que fumar disque era de homes, e como os rapaces queriamos ser grandes andabamos polo medio das mozas botando fume coma se foramos burreas; e os ollos ben abertos non fora o demo que viñera algún inimigo. Cando sentiamos dicir: ALI VEN TEU PAI, todos sabiamos que había que meter a man no primeiro peto que atoparas baleiro, tendo tino de non queimar nen a man, nen o pantalón, nen a chaqueta.
O meu tio Rodrigo foi un fumador incorrixible, sempre dicía que non fumaba; e o certo e que non era doado pillalo botando fume. Dunha vez tivo que mandar que lle coseran un peto da chaqueta. Cando lla deron, unha vez arranxada, preguntaronnle como fixera para queimala; nese intre decatouse que o pillaran; pero como era un home de recursos dixo: Queres ver que o outro día cando acendín a cociña que me leve o demo se non caeu o misto acendido dentro.
Quizais o meu tio soubera árabe , poida que aprendera de nós; quizais nos virá algunha vez agachando o cigarro a voz de: ALI VEN TEU PAI..

Posted in Lembranzas dun neno | 5 Comments »